Oportunidade perdida

Fai poucos días, os Magos de Oriente trouxéronlle a Montoro o seu regalo de Nadal: a entrada en vigor da Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sostenibilidade da Administración Local. A pesar do pomposo do título, poucas veces na historia democrática recente dos concellos, un proxecto de lei tivo tantos detractores. Alcaldes, concelleiros e outros cargos políticos (incluso do mesmo partido que o ministro), así como interesados en xeral, criticaron abertamente o núcleo esencial da reforma.
En principio, unha lei que persigue, entre outros obxectivos, racionalizar a estrutura organizativa da Administración local de acordo cos criterios de eficiencia, estabilidade e sostenibilidade financeira; garantir un control orzamentario máis rigoroso, e favorecer a iniciativa económica privada evitando intervencións administrativas desproporcionadas, estarán de acordo comigo, non parece lóxico que xerase tanta confrontación.
Pero é que, como a intelixencia non só consiste na definición etimolóxica do termo (cite>inter-legere), é dicir, “saber escoller”; senón que tamén ten que ver, e moito, con “saber razoar con bo criterio”, que a estas alturas se utilicen eufemismos apelando a principios e valores fundamentais, para xustificar cambios sen aportar melloras, evidentemente, pode resultar un insulto ao bo sentido común. Sen embargo, como se dixo, despois de diversas emendas no trámite parlamentario, a lei xa entrou en vigor co nacemento deste novo ano.
Son dos que opinan que esta norma non resolverá os principais problemas do municipalismo galego. Non mellora o seu financiamento e intensifica a dependencia respecto das deputacións, que saen reforzadas. Considero que se trata doutra oportunidade perdida para que os concellos poidan converterse en administracións áxiles e ao servizo do cidadán. Unha mágoa.
- Domingo Guerra ([email protected]). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
Outros artigos de Domingo Guerra
- Gasto de persoal.
- Rendición da conta xeral.
- A Conta Xeral.
- A contribución.
- Cuestión de confianza e moción de censura.
- Débeda municipal.
- A prórroga do orzamento municipal.
- Presión fiscal dos nosos concellos.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).