Pesimismo Vs Optimismo
O gran José Saramago dicia que “os únicos interesados en cambiar o mundo son os pesimistas porque os optimistas están encantados co que hai”. Coma sempre, ó longo dos seus máis de 80 anos unha enorme frase dunha mente privilexiada que nos deixou cando mais precisamos desa claridade de ideas.
Eu aquí e agora me declaro pesimista. Pesimista da última hora, mesmo. Creo que non facía moita falla dicilo pero para min significa máis do que parece. Porque o meu pesimismo non é un estado de ánimo a secas, unha pura postura, unha simulación. Me declaro pesimista da raza humana, dos seus desexos e anhelos pero tamén dos seus defectos cobardes e carencias. Somos o que merecemos ser pero, ademais, admitimos que o somos.
Queremos respostas. Aquí e agora queremos saber a que carallo vimos e para que estamos. Sen xogos de mans, sen trucos de maxia. Así, a queimaroupa. Queremos saber se teremos un futuro e queremos decidir sobre ese futuro porque, senón, preferimos non seguir xogando o xogo do que máis corre e peor se defende no patio. Queremos ser libres, de obra e pensamento, e neste mesmo contexto queremos ser tidos en conta, non como masa. Queremos ser individuos para algo máis que a declaración da renda “das persoas físicas”.
Queremos saber por que e como, quen e de que xeito. Queremos unha razon para vivir, para suspirar, para loitar. Para erguernos cada mañá e seguir adiante por algo mais que a pura sensación de vivir e respirar. Queremos ambicións colectivas e individuais. Queremos sentir, amar, preferir, decidir. Queremos bendecir e ser bendecidos. E queremos perder e gañar. Pero sen trampas. Basta xa de xogar con cartas marcadas. Basta.
Unha xeración extraordinaria de profesionais, filosófos, pensadores, científicos e líderes vai xa ao garete por falla de estímulos reais. Non sabemos se viviremos para contalo, pero si sabemos o que contaremos. “Fillo, eu vin morrer a democracia, e non souben que facer para savarlle a vida”.
En que estabamos pensando? Como puidemos ser tan estúpidos?. É que acaso non sabiamos o que pasaría? Non sabiamos o que podía suceder? Por que, simplemente, non fixemos caso aos sinais?.
Queremos, eu quero, saber como, cando e porque. Con quen e ata onde. Cales van ser os motivos, cales os estímulos e os porques de todos e cada un dos pasos que se dean. Por aburrida e triste que sexa a explicación. Non se trata, nunca se tratou nin de canto nin de cales. É simplemente como e onde, quen e por que. E para que.
Por que. Si merece a pena sabelo neste país e agora eu quero sabelo. Acaso non merecemos máis do que nos dan? Acaso non o temos gañado? Calquera análise parece banal diante do que se aveciña, do que vai rematar por pasar. A altura da miseria e cada vez maior e incluso no paraíso do futuro imposible hai cousas que rematan por chegar. A Costa da Morte, esa pura ensoñación de Alicia, ese mito da caberna de Platón, esa rexión distante do moi moi lonxano de Peter Pan. Mesmo aquí chegará a miseria. E será un río imparable de preguntas sen resposta, de bocas que alimentar sen pan.
Será un día e aí diremos... que levanten a man os que se consideren pesimistas. E non quedara ninguén para levantala.
Estas son as catro verdades sobre as que asentamos a nosa vida. Que non vivimos en democracia (nunca o fixemos), que non somos libres, que non somos todos iguais e que en ningún caso temos dereito nin a sanidade nin a educación. E eu si podo demostrar o que digo. A Constitución non.
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Máis información e contacto
- Facebook: José Luis Louzán.
Verdades anteriores
- PPSOE.
- Agora que sabemos a verdade.
- Mercenarios.
- JMJ.
- Spitzer.
- Deberes.
- O Dilema.
- Pérez.
- AA.
- Mouseland.
- First Lady.
- Feitos.
- Cálculo Mezquino.
- Saqueo Vikingo.
- Medidas cautelares.
- A memoria.
- Neutral.
- Falso.
- Cómplices Silenciosos.
- Tufillo.
- Podre.
- Dinosaurios.
- Pese a quen pese.
- Nestes días tan terribles.
- Indiferenza.
- A estafa.
- Fascismo.
- Municipais
- Marbella.
- Cuestión de tempo .
- Falsas aparencias.
- Despilfarro.
- Envexa.
- Shackleton.
- A fin da sociedade civil.
- A Resposanbilidade.
- Tabaquismo.
- ¿Por que?.
- Solutions. Medio ambiente e enerxía.
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- "Agallas".
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- "Aínda que pareza mentira...".
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo....
- Patrimonio do ¿Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución ¿de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo....”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- ¿Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.