Mércores. 01.05.2024
El tiempo
09:05
28/04/12

Unha de copas

Unha de copas

En vista do gran éxito do anterior e primeiro artigo, e vendo que hai muita xente que quere aparentar saber de viños, aínda que coma no meu caso non teña nin idea, me animo a, unha vez que temos aquela botella de viño aberta, servila e levantala na copa, e que redundando no noso lema: se non temos idea de viños, pois polo menos que non se note.

Primeiramente debemos de saber que o viño non se sirve en vasos, salvo excepcións (nos establecementos hosteleiros das Rías Baixas está moi extendido para o chiquiteo un vaso baixo e ancho similar a un "culín" de sidra). Se lle temos que dar máis valor que o simple chiquiteo a un viño, entón xa nos temos que pasar a unha copa. Outra excepción son as tradicionais cuncas de ceramica que de sempre se utilizaron en Galicia, pero co paso do tempo esta tradición está caendo en desuso porque, máis aló da tradición, non luce muito o viño dentro delas.

En todo o caso, e sexa o que sexa o recipente elexido nunca se debe encher por riba de un tercio da súa capacidade. Mellor un cuarto, que máis de un tercio. Agora para os establecementos de hostelería, mesmo os proveedores lles sirven unha copa cunha pequena estreliña grabada no cristal e que lles indica ata onde deben de enchela para que o sumiller máis inexperto sepa ata onde ten que servir, ou para os máis pragmáticos, que o negocio sexa rentable.
A copa para viño tinto debe ser máis voluminosa que a de blanco, por unha cuestión de aromas (cando cheguemos a temperatura de servicio neste tema nos pararemos un pouquiño máis) e nunca, repito e insisto, NUNCA debe de collerse a copa polo globo, coma se fose unha copa de coñac. Sempre ten que ser collida polo pe cos dedos pulgar, indice e anular, ou mesmo pola base co pulgar e o lateral do índice, aínda que isto último ben sendo o equivalente a "collela con papel de fumar"; Podemonos pasar de finos, i entón tamén nos poden pillar. Iso si, insisto: Se collemos a copa polo globo, todo o noso traballo de aparentar saber algo de viños, se difuminará en decimas de segundo. Algo similar ocurrirá se agarramos co puño pechado polo pé da copa, que en vez dun enofilo, nos confundirán coa sota de copas.

Álvaro de Siza, famoso arquitecto portugués e gran afeccionado ós viños, tivo a ben diseñar unha copa "ergonómica" para coller ben as copas de viño, cunha muesca no pé para situar o dedo pulgar. Vamos, unha chorradiña que fai que a copa valga dez veces máis, pero unha pista para os que non sabemos moito de viños. Aquí vos deixo un par de fotos, para que, por un lado vexades que non minto, e por outro, alucinedes tanto coma mín cando descubrín semellante ocurrencia.

Xa temos entón a copa adecuada, e a botella aberta, así pois toca servila. As papilas gustativas xa se nos disparan e os nosos ollos (importante este tema da vista) disfrutan coa caida do viño dentro da copa, vendo como rompe e no seu caso fai burbuxas, espuma, etc... O viño se sirve dende certa altura, pero non se escancia. Uns 10 cm por riba da copa son máis que suficientes para que empece a soltar todo o aroma encerra o viño, e que a botella se encargou de que non fuxira para que nos o poidamos disfrutar.

Na vindeira entrega falaremos de como dar ese primeiro grolo, ese no que todos nos fixamos no veciño e que vén sendo a nosa proba de lume para ser capaces realmente de aparentar que somos uns expertos viñateiros.

E agora, resumindo, e para que pareza que sabes de viños, aínda que non teñas nin idea:

  • Non sirvas a copa por riba de un tercio da súa capacidade, incluso mellor por debaixo.
  • Non agarres a copa NUNCA polo globo. Sempre pola base, ou mellor ainda polo pé.
  • Se tes dúas copas, usa sempre a máis voluminosa para o tinto.
  • Rompe o viño na copa, pero non o escancies.
  • Tén cuidado coa copa, que son fráxiles e rompen facil; mellor nada de brindis.


Artigos de Quique Portela

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios