Sábado. 18.05.2024
El tiempo
15:11
25/09/10

Unha vida truncada nunha hora

Unha vida truncada nunha hora
O 14 de xullo do 2006, o día ía sendo tranquilo, embarcado nun mercante que navegaba polas augas de Malta, Rafael León Caamaño dispúsoxe a chamar á sua casa , polo cumpreanos de seu irmán e máis da sua dona. O reloxo marcaba as 15:00h, hora peninsular. Unha hora despois voltaba a soar o teléfono, ó descolgalo o interlocutor comuníca que Rafael morrera. Estaban a facer un simulacro de salvamento, cando baixando ó bote, rompíuse o cabo. Caeron ao mar tres mariñeiros, ca mala sorte de que o bote lles fora enriba morrendo no acto Rafael e deixando feridos graves ós outros compañeiros. Ramona, sua irmá, dirixiase á casa de Pilar de la horadada (Alacante) despois de rematar o traballo cando lle soa o teléfono para comunicarlle a triste nova. O seo corpo escomenzou a tremer. Non podía crer o que estaba a escoitar... O primeiro que lle pasou pola súa mente foi que en 20 anos só se viran catro ou cinco veces, tiñan falado por teléfono pero... Non era o mesmo, non sentía a calidez dunha aperta, e xa non o ía poder facer. Tamén pensou nos seus tres fillos pequenos que quedaban sen pai e os xemelgos de dez meses que apenas os vira unha vez , cando tiñan a idade de catro meses. "Meu probe irmán..." - Pensaba Ramona e a súa familia, aínda non estaban recuperados do impacto emocional que sufriran dez dias antes co accidente de moto do outro irmán pequeno, ó cal lle tiveran que amputar a perna dereita e lle quedara o brazo esquerdo inútil, e... ¡Agora isto! Dez días tardaron en repatriar o corpo de Rafael. Dez días de angustias, choros e lamentos: Os pais xa non se tiñan en pé, máis Ramona sacaba forzas para sostelos, non quería perder a máis seres queridos. Pensaba que tiña que ser forte porque nada voltaría a ser o mesmo. Rafael foi enterrado e o seu irmán pequeno estivo catro meses no hospital. A vida ás veces, semella ser moi inxusta, golpea forte e os sentimentos de apoio axudan pero... Ás veces queda algo dentro sen botar, un día síntese un/unha máis capaz de contalo e na honra do seu nome decídese a facelo . E isto espero axude a xente a superar as súas penas e que saiban que o falar... Libera. "Que este relato sexa un homenaxe no teo nome Rafa, e que saibas que nunca te esqueceremos, que mentres che lembremos estarás aquí con nós".
  • Xusto Gómez.

Máis información

Comentarios