Utilizar o WhatsApp como unha ferramenta de marketing
09:17 19/08/13

Utilizar WhatsApp non é gratis
Si, xa o sei. Mandar mensaxes mediante esta aplicación non costa cartos, pero facer unha acción de marketing con esta ferramenta non sae gratis, polo menos no que a tempo se refire. Iso si, ao non ter que invertir diñeiro é unha ferramenta idónea para pequenas e medianas empresas que non teñen orzamentos para marketing. Necesitas ter unha base de datos cos teléfonos móbiles dos teus clientes e necesitas dedicar un momento a pensar o que lles vas ofrecer e como o vas a facer. Para que funcione hai que dedicarlle tempo, e o tempo tamén costa cartos. Así que se tes pensado invertir tempo nesto, faino para que funcione. O recomendable é crear un grupo con todos os teus clientes e publicar nese grupo a información, de xeito que se alguén se quere ir do grupo o poida facer rápido e deixe de recibir as mensaxes. Tamén podes traballar con diferentes grupos de clientes en función dos intereses de cada quen. Se son mensaxes individualizadas (como un recordatorio dunha cita para cambiar aceite nun taller) podes envialas a un só contacto directamente.Buscar a utilidade para os clientes
Ofrecer contidos que lle faciliten a vida aos nosos clientes. Poñamos o exemplo de un restaurante que quere promocionar o seu menú do día. A priori pode parecer un contido moi útil, pero se un cliente ao que non lle interesa recibe todos os días unha mensaxe co menú do día, o máis probable é que bloquee o número do restaurante e podemos dar gracias se non acaba aborrecendo ao restaurante pola súa comunicación. Isto solucionaríase preguntándolle aos clientes se se queren apuntar para recibir esta información e facendo un grupo con eles.Principais usos
Cada vez se está a empregar máis. Hai exemplos de moi mal uso (spam) e hai exemplos que van máis alá e o fan realmente útil. Na miña opinión a maior potencialidade da ferramenta está relacionada coa fidelización de clientes e co aumento da frecuencia de compra.- Avisar de festas e eventos.
- Promocións e ofertas.
- Utilizado polos clientes para pedir citas (perruquerías, dentistas…) e tamén o pode empregar a empresa para recordar esas citas.
- Xestionar reservas en restaurantes, hoteis, talleres mecánicos...
- Canle de atención ao cliente. Pedirlles a súa opinión sobre o servizo.
- Para amosar novidades (nunha tenda de roupa, tecnoloxía).
- Para crear un grupo de clientes VIP con ofertas especiais ou que reciban a información antes que ninguén.
- Concursos e sorteos.
Puntos fortes
- Comunicación directa e instantánea cos teus clientes
- Pódense enviar contidos multimedia ou mesmo enlaces a páxinas web
- Unha vez que tes base de datos e mensaxe preparada, costa o mesmo mandar unha mensaxe que centos delas
- Ana Díaz Pérez (anadiaz@quepasanacosta.gal).
Artigos relacionados
- Mario Rodríguez: Juasap.
Artigos en Marketing de andar por casa
- As listas de intereses en Facebook.
- Guerra de prezos. A verdadeira historia dos produtos promocionais.
- Como pasar un perfil personal a unha páxina de empresa en Facebook.
- O tempo pasa para todos, tamén para as marcas.
- Tes unha estratexia?.
- Estás tirando os cartos en publicidade?.
- Por que un negocio non pode ter amigos en Facebook?.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasancosta.com).