Welcome to London
Escribo estas liñas cando se cumpre un ano e medio da miña chegada a esta selva de cristal e aceiro chamada Londres. Por aquel entón, era unha xornalista e profesora sen emprego, condenada a unha existencia monótona e case que baleira (cando menos no eido laboral). Hoxe, nembargantes, tras moita loita e máis dunha dificultade, podo dicir que vivo e traballo no corazón dunha das cidades máis multiculturais e multirraciais do planeta.
Agardo que este sexa o primeiro de moitos artigos nesta nova sección, na que irei relatando a miña experiencia en terras inglesas e na que tentarei, dalgún xeito, botar unha man aos meus veciños da Costa da Morte que desexan iniciar –ou que xa o fixeron- unha andaina por estes lares.
Sen máis, despídome ata dentro de dúas semanas, cando que procurarei xa ofrecervos algo máis saboroso e apetecible. Saúdos dende Londres.
- Paula García Costa.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).