luns. 25.05.2026
El tiempo

61 establecementos participan na nova edición de “Que rule, que rule!” do CCA Carballo

 

 

 

CCA Carballo Que rule
61 establecementos participan na nova edición de “Que rule, que rule!” do CCA Carballo

O Centro Comercial Aberto (CCA) Carballo vén de poñer en marcha este mércores unha nova edición da campaña “Que rule, que rule!”, unha das iniciativas máis agardadas da primavera e coa que, un ano máis, se busca premiar a fidelidade da clientela e incentivar as compras no comercio local.

A campaña, que alcanza xa a súa sétima edición, desenvolverase ata o sábado 6 de xuño. Durante estas semanas, todas as persoas que realicen compras nos 61 establecementos participantes recibirán un boleto por compra —grampado ao ticket ou selado— co que poderán participar na gran ruleta de premios instalada na Praza do Concello.

Deste xeito, a presidenta do CCA Silvana Rama, lembrou que “esta campaña é moito máis que unha promoción. É un pequeno agradecemento á veciñanza que, coas súas compras e visitas, mantén viva a nosa vila e ao comercio local. E nós queremos devolver, a través da nosa ruleta de premios, a confianza e o apoio que recibimos cada día”.

A xornada central da campaña celebrarase precisamente o primeiro sábado do mes de xuño, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, cunha ruleta que repartirá máis premios ca nunca, máis de 1500 agasallos directos entre as persoas participantes. Tal e como recollen as bases da campaña, e por motivos organizativos, non se permitirán máis de tres tiradas consecutivas por persoa.
Entre os premios haberá experiencias e regalos de todo tipo: ceas, almorzos, sesións de piscina termal, clases de surf, aloxamento e almorzo no Glamping Nature, limpezas bucais, produtos gourmet, parasois, set de pas, doces, xeados artesáns, chocolate, artigos para mascotas, vales de compra e moitas outras sorpresas, entre outras a que tamén agochará a propia ruleta.

Ademais, todos os boletos que non resulten premiados participarán automaticamente no sorteo final de catro cheques de 100 euros cada un para consumir nos preto de cen establecementos asociados ao CCA Carballo.

CCA Carballo Que rule 2

Comercios participantes

A Fragua, A Saia de Carolina, Adega O’Lagar, Akira Moda, Aloe Herboristeria, Anxaima, Atelier, Atmosfera Sport, Avanty Publicidade, BeCool, Benetton, Buy&Sell, Calzados Susa, Cenor, Centro de Estética Purificación Lema, Clarión libraría, Cristina Morgade, Comercial Queijo, Confitería San Luis, D&A Complementos, Dequip Carballo, Doce Soños, donClip.es, DV Carballo, Ekaté, Emiliano Moda, Ferretería Arán, Floreria Taibo, Florida Centro Joya, Informatica Valem, Jorge Moda, Joyerias Rafa Vila, La Casita de Lu, Lencería-Mercería Ma Jose, Lenda, Madeixalazos, Maker Store by AllKnow, MaloSerá Carballo, Maluca Lobe, MisterNutrición, Moda Súarez, Muebles Fuentes, Multiópticas, Mmmm!Xeados, O Barco dos Soños, Óptica Enriquez, Orange Carballo, Refugallo Zero, Restaurante-Parrillada A Lareira, Retoños, Sweet Spirit, Teiron home, Teiron muller, Teiron neno/a, Teiron surf, Todo Lar, upa! Espazo barefoot, Xoguetería Merliño, Zapatilleria Isabel, Zocas e Zuccaro.

Máis novas

Comentarios