Xan das Crebas (IV)
08:04 22/01/11
Continuamos hoxe unha nova proposta chea de salitre, con sabor a un mar de ausencias que nos ofrecen Xusto Fisterra e Manuel M. Caamaño dende as súas bitácoras. Unha sección cargada de sentimento, onde as historias dos naufraxios se contan en primeira persoa.
Hoxe, dende Fisterra, seguimos coñecendo, da man de Xusto Gómez a historia de Xan das Crebas, un deses buscadores de tesouros polas praias da bisbarra... Ninguén mellor que Xusto para contarnos a súa historia.
Uns días máis tarde, Xan, que levaba tempo sen gañar moito, decidíu poñerse a andar, e dixo no pobo que ía cara outros lugares durante algún tempo, e, que non se preocuparan, ía ver si collía máis crebas. Botouse a andar levando sobre as costas un saco con comida, algo de roupa, e outros enseres. Como era a mediodía, púxose a andar antes de que lle viñera a noite enrriba e haber si encontraba algo... O vento soplaba de costas e, de cando en vez, caía un chuvasco forte. Xan buscaba refuxo nas pedras e covas que ía encontrando. De súpeto, no medio do ruido das ondas e do vento, sentíu unha doce voz. Deu varias veces a cabeza e situouse ben cara onde procedía o son e.... efectivamente eran cantos, pero... ¿sereas?, ¡non!, a voz era masculina, pero ¿como ía cantar un home no mar?, se as que cantan son as sereas pra namorar os mariñeiros, según tiña oído contar ós máis vellos cando era mozo. Foise arrimando cara a costa e cada vez oía máis claro os cánticos daquel home. Baixou a aquela furna escarpada na que o mar entraba con forza, con gran axilidade foi baixando pero ese día estaba o mar moi bravo. Desistíu. E botouse a andar cara unhas luces que se vían o lonxe;
- ¡carallo!, pois sí que me puxen nervioso e todo. Botou a man por dentro do abrigo e quitando unha petaca doulle un trago ao aguardente que lle dera a súa irmá Lela. Seguíu andando e ó chegar as casas petou nunha que tiña luz e contestáronlle.
- ¡Quen vén a estas horas! e vai Xan dixo
- Sou un home que vai de camiño e, o chegar a unha furna que está aló embaixo escomencei a escoitar uns cantos dun home e..., naquel intre ábrese a porta aparecendo o rostro dun ancián que lle dixo:
- Pase vostede home, e quéntese ao lado da pota. Xan entrou, e bot´sndose ao lado da chimenea, estirou as mans e púxose a quentalas.
- Bueno señor, díxolle o vello, ¿que fai vostede por estes lugares nunha noite coma esta?. E vai Xan contoulle o conto, o vello movendo a cabeza afirmando as palabras de Xan w díxolle:
- Sí señor, sí, é verdade o que oío, xa que, no sítio que me dí pasou según conta a lenda, unha tráxica historia. O dono dun castro que está aló enriba, tiña unha filla chamada Frolinda, e, un día, apareceu un trovador e quedaron os dous namorados. O chegar o pai de loitar, e vendo que era verdade aquel amorío, pecha a sua filla e expulsa ao xuglar. Pero cada noite, o novo cantor dende os outeiros dedicáballe cantos de amor. Entón enfurecido o pai, ordena arroxar ao rapaz dende o alto dun penedo a unha furna da costa. Ao saber a nova do tráxico final, Frolinda enloqueceu e, escomenzou a deambular día e noite polas ribeiras chamando ao seo amor. Unha noite, un criado levoulle a mala nova ó pai, que viran á súa filla chamando ao seo amor no alto dunha furna escoitando unha cántiga do infortunado, veulle un golpe de mar desfeito en espuma, chegando ata onde estaba Frolinda e tomando a forma de Buseran, o trovador, envólvea nunha aperta desaparecendo con ela no fondo na furna.
E dende esa, continuou o ancián, ás veces, escoitanse as cántigas de Buserán, por iso a furna esa chámase, a furna da Buserana. Xan díxolle:
- Graciñas polo calor que lle collín e máis por contarme esa fermosa historia, pero teño que botarme a andar que teño que traballar esta noite.
- E onde traballa meu home, e vai Xan, pon o abrigo, colle o saco e dille:
- Señor, eu traballo vendendo o que me dea o mar esa noite, pero... creo que eses fermosos cantos, non os poderei coller....
E nesto marchou alonxándose cara a costa... (continuará).
Xan das Crebas (IV)

A Cara máis íntima do naufraxio
Máis información
- Blog de Xusto Fisterra: Xusto Fisterra.
- Blog de Manuel M. Caamaño: Homes de Pedra en barcos de pau.
Novas relacionadas
- Homenaxe ao Serpent 2010: Unha ollada dende dentro á homenaxe polo 120 aniversario do Serpent .
- Unha polo Almirante Mourelle da Rúa.
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- O recuncho da Costa: O Cemiterio dos Ingleses.
- Laxe celebrou o seu tradicional simulacro de naufraxio.
- Unha conversa repasando a historia dos Naufraxios da Costa da Morte dende Corme.
- Os Naufraxios da Costa da Morte protagonistas dunha documental de Cuarto Milenio.
- Descubrindo os tesouros que agocha o mar.
- Os 500 naufraxios da Costa da Morte.
- Homenaxe ao Bonito: “O sal, o sangue de Fisterra”.
Artigos relacionados
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- Unhas pequenas notas sobre o Serpent e a Costa da Morte con Juan Campos.
- A Costa da Morte non existe, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".
- Naufraxio do Liverpool: Retrato dun capitán suicida, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".