venres. 09.05.2025
El tiempo
09:32
05/02/11

Xan das Crebas (V)

Xan das Crebas (V)
Aló foi Xan baixando cara a costa. Chegou a unha praia e púxose buscar crebas. Co temporal que facía aquela noite, ben podía saír algo. Nun intre viu unha luz que se lle acercaba e cando pasou por el dixolle o que a portaba: - "Boas noites!", ao cal lle contestou Xan: - "Nos de Deus". - "Vostede, non é de por aquí non?", díxolle o home. - "Non, señor, estou de paso e veño a ver si sae algo na praia pra facer uns cartiños que boa falta me fan", contestou Xan. - "Pois mira que ben! Eu... aló na parte de norte atopei unha cousa grande que... si me botara unha man vendíamolo mañán ao chatarreiro", volveu engadir o home. - "Non hai problema", contestou Xan. - "Imos logo!". Foron camiñando e Xan, que aínda que no seu pobo non era dado a compartir as crebas, aquí estaba fóra e... unha axuda está ben, ademais por aló só ía estar un tempo. Chegaron ás pedras, e xa viron un depósito de metal que ía e viña por mor dos golpes de mar: - "Amárralle ese cabo!", gritou Xan, lanzándollo ao novo compañeiro, - "E, pásallo por baixo", e o compañeiro fixo o que decía Xan. Pero... de súpeto un golpe de mar doulle aos dous e máis ao depósito e bateu con eles contra as pedras. "Estás ben?", díxolle a Xan o compañeiro, o cal, tivo a sorte de agarrarse ao depósito. - "Estou, aínda que.... no costado estou sangrando, fixéronme daño os arneiróns, voulle botar un pano que teño no saco e axúdoche a levalo" - "Vale!, logo cando cheguemos a miña casa, direille a miña dona que lle faga as curas", contestoulle o compañeiro. Así botáronse a andar tirando do depósito. Xan, de cando en vez, pegaba un berrido xa que lle molestaba a ferida. Era xa o mencer cando chegaron ao pobo. - "Espera aquí, que aviso ao chatarrero e xa o vendemos", díxolle o compañeiro. Xan, medio dolorido, sentóuse enriba do depósito a descansar. Ao pouco chegou o compañeiro con outro home que lle dixo: - "Bos días!, bueno, por esto dareivos... vinte pesos e xa ides ben". Xan repostoulle: - "Vostede sabe que ben vale cuarenta, pero si nos dá trinta e de seu". O chatarreiro aceptou. O compañeiro todo contento levou a Xan á súa casa que quedaba a pé dun monte. - "Ese monte chamánlle O Corpiño, despois de tomar algo e facer as curas lévote", díxolle o compañeiro. Entraron na casa e alí estaba a dona con dous pequerrechos,. - "Muller!, ponnos un trago de aguardente emais fai o favor de atenderlle as feridas a este home". - Elogo, que pasou?", contestou a muller. - "Nada muller, e que topamos unha creba e o mar deunos cando a estábamos quitando e uns arneiróns rascáronlle no costado", respostoulle o seu home. Xan estirouse no banco e levantou a camisa. - "Sangra bastante pero non é profunda", dixo Xan. Laváronlla e desinfectáronlla e ao rematar dille o home. - "Ala, imos!, voute levar enriba do Corpiño, xa verás". Saíron pola porta e foron subindo cara un monte que predominaba a aquel pobo. Había xente polas ladeiras facendo peches das fincas coas pedras que ían traendo da carón do mar. E ao ser encostado enchían con terra, e así, entre os muros e as pedras facían hortas. Seguiron subindo e entre os toxos estaban uns rapaces xogando cun chisqueiro, prendendo lume ás toxeiras. O home que acompañaba a Xan chamoulle a atención. - "Nenos, non vedes que vos ides emborrallar todos e vos van pegar ao chegarvos a casa? Ademáis, hoxe non fai bo día que est´n húmidos". Os rapaces ríronse e escaparon correndo perdéndose cara o pobo. Seguiron camiñando e, chegaron ao alto. Había unhas pedras coroando a cima como si na antiguedade houbera aquí un castro o un enterramento. No alto dunha dela mirando cara o pobo había unha cruz. - "Esta é a Cruz do Alto do Corpiño que nos protexe, e aquela que ve aló, é a que lle chaman a "Pedra do Verdugo", e dende aquí divísase todo o pobo, a ría, o santuario..." - "Que bonito esto", contestou Xan, e proseguío "vas sentir o vento na cara, o calor do sol, o ladrar dos cans o berro da xente, e... se sintes todo iso... estás no paraiso". - "Que bonito!" exclamou o home; - "Boas vistas e gran sentimento o estar eiquí, pero, porque lle chaman así?", preguntou Xan. O home sentouse, púxose a liar un pitillo, ofreceúllo a Xan, e logo de liar outro pra el dixo: - "Un día antes de marchare meu pariente pra Arxentina quixo que subíramos aquí e estando onde nos atopamos, e dixo "quero levar esta sensación de libertade, purificación e... cando estea ao outro lado deste océano sentir que meu corpo esté aquí, formando así unha unitutolidade", por iso lle poden chamar así a este monte. Porque cando nos temos que ir fóra do pobo a traballar, nalgún momento do día pensas nes cando estaba aquí..., recreándote da paixase. E sentes a liberdade mentres os teus ollos se enchen de baguas..." Xan, botándolle a man por riba do hombreiro, dille: - "Vamos! que aínda che quedan cousas por mostrarme..." (continuará)

A Cara máis íntima do naufraxio

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Comentarios