venres. 09.05.2025
El tiempo
22:00
16/04/11

Xan das Crebas (X)

Xan das Crebas (X)

... pois... foise achegando pouco a pouco, e buscando ver a "creba" que viña aos sons das ondas. A escuma tapábaa de cando en vez, e logo saía a superficie, máis... pola forma que tiña, non podía ser outra cousa que... un baúl!
Sí, eso era, pensou pra sí. Corríu cara o baúl, como se lle fora a vida nelo. Metíuse na auga, e... ao querer porlle a man enriba, este co impulso dun golpe de mar petoulle no peito e pasoulle por riba.
Xan, nese intre... perdeu o coñecemento, quedando flotando a uns metros de terra firme. Outro golpe de mar fixo que o baúl encallase na area. Xan, sangraba pola frente, e xa estaba agonizando, nun día como ese que ía estar por aló. Outro golpe de mar fixo que Xan quedase tamén encallado preto da súa "creba", mais... se non espertara pronto, outra onda podía levalo pra fóra.

Pero... o golpe era forte, si, bastante forte. Unha terceira onda golpeoulle na cara, facendo que a Xan lle entrase auga pola boca. Esto, e ademais fixo que voltara en sí, e cando abrio os ollos, a vista nublábaselle, mais el sentía o mar nos pés, decatándose que, se quedaba aló podía levalo o mar.
Intentou erguerse... unha forte dor no peito fixo que caese de novo na area. Os pinchazos eses non eran bo sinal. Arrastrouse fincando os dedos nas areas, axudándose dos xeonllos, ata que, estivo libre da forza do mar. Xirouse quedando boca arriba... nese intre, debido tamén ó esforzo feito pra porse a salvo, volveu perder o coñecemento.

Unha caricia na cara fixo que, voltara abrir os ollos. Ollou un fermoso sonrriso, entón dixo:
- "Moi...tas grazas... señora... serea". A muller, que lle sostiña a cabeza, e que, uns intres antes xa lla vendara cuns panos, os cales, atopáraos no baúl, respostoulle:
- "Non son unha serea señor, sonche unha muller á que, este... mar, deixou viuva, e, con dous pequerrechos, ademais de meu pai, que xa o probiño vai vello e non pode ir o mar, e, para poder comer, ando as veces buscando "crebas" polas praias... Tivo sorte señor, que xa vira o baúl cando estaba no alto, e, ao chegar aquí atopeime isto. E logo, vostede é naúfrago dun barco?" - Xan respostoulle:
- " Non!... señora, eu... ando vagando polos lugares en busca de "crebas", e... ao estar abrigado do chuvasco vin que se acercaba unha, e... parecía boa, entón, saín correndo pra collela ca mala sorte de que se me botou enrriba... aaah!... esta dor no peito".
- "Non se apure! non teña presa... que eu, teño aí un carro cun burro, xa que, traio sempre que veño as crebas, ademais este baúl soio traía roupa de muller, a cal xa levei pro carro. O baúl queda acó xa que é moi pesado" - contestou ela.

E así, Xan foi axudado pola muller que o levou ata a casa do médico da vila, o cal lle fixo as curas e vendoulle o peito porque tiña un par de costelas rotas. Este, dixo que tiña que ter uns dias de repouso, e a muller contestoulle que podía poñelo na cama dos nenos, que estes dormirían con seu avó.

Era xa cerca das tres da tarde do seguinte día cando Xan abríu os ollos. Aló se topou cuns pequenos que o estaban axexando dende a porta. O máis vello escapou correndo chamando a súa nai dicíndolle que xa espertara o señor. Esta logo chegou acompañada dun vello, e díxolle a Xan:
- "Durmíu vostede ben?". Xan asentiu coa cabeza, ela volveu dicirlle:
- "Mire, tráiolle agora un caldiño, tómeo e descanse e xa verá mañá como se encontra mellor". Así foi, e do caldo que lle trouxera, Xan tomou case todo, voltando quedar durmido ata o día seguinte, mentres, entre a muller e o ancián facían turnos pra vixiar o forasteiro.

O día seguinte, Xan xa se atopana mellor e ata se ergueu da cama. Agradeceu á muller e ó vello o que lle fixeran, e dixo que non sabía como ía a pagarlles. Eles repostanronlle que non tiña porque darlles nada. Logo entablou unha conversa co vello falando de cousas de mar. Este dicía que o oficio que el andara era ao xeito e... púxose a contarlle como facían pra "encascar as pesas":
- "Pois nós, íamos o xeito cas "pesas" de algodón, e, cando había moito nordés o patrón aproveitaba pra secarlas. Entón, nós collíamos as "pesas" da lancha e lavámolas, palmeámolas unha a unha, collendo cada dúas ou tres brazas e... un, dous, tres! golpeámolas contra o mar pra quitarlle as escamas emais os restos das cabezas de sardiña que ían prendidas. Así seguido ata rematar unha "pesa", ésta collíana os outros e levábana pra praia a estirar na area, e así ata rematar a "casea". Logo, cando estiveran secas, normalmente era o seguinte día, collíamos un barril con auga e metíamolo ferver, añadíamos cascas de pino, e de aí ben o de "encascar as pesas", removíamolo, e facía unha pasta. As pesas secas metíamolas nunha "vacía", na cal vaciábamos o contido daquela coción, é removíamos os aparellos ata lograr que todo pano se impregnara daquela pasta, e así meu filliño, quedaba o algodón das mallas revestido con ésta, e, sería máis forte, non rompéndose tan facilmente".

Xan agredecío moito os contos que lle contaba aquel vello. Alegrábase que terse atopado con xente tan boa no seo vagar pola costa. E despois disto quixo erguerse pra marchar, pero... (continuará)

A Cara máis íntima do naufraxio

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Comentarios