venres. 09.05.2025
El tiempo
11:00
17/09/11

Xan das Crebas (XV)

Xan das Crebas (XV)

Mentres, botouse a fumar un pitillo. Axitou a cabeza dun lado pra outro, como querendo borrar da súa memoria eses pensamentos. Xan, non quería, nin debía, namorar... el non era así.
Deberon ser os asubios dos paxaros cando baixaba polo camiño, o que lle fixera porse melancólico. Apurou o pitillo, e dirixíuse a escomenzar remexer na procura de algunha cousa de valor que o mar arroxara. Ademais, esquecería aqueles pensamentos que lle viñan a cabeza.

Seguía buscando entre táboas e demais obxectos que o mar trouxera. Alzou a vista, ollando como unha persona viña facendo o mesmo dende a outra punta. Non era raro atoparse con algún crebeiro deses de cando en vez, mais ao ollar pra forma de remexer daquela persoa, notaba que era un crebeiro profesional, sabía o que facía. Mentres, Xan volteaba os algazos, na procura de algo que poidera vender. O home achegábase máis, Xan, parando, alzou a vista , agardando a que chegase á súa altura, cando isto sucedeu. Xan saudouno dando os bos días, o home, repostoulle co mesmo saúdo. Logo dunha pequena pausa proseguíu aquel home dicindo:

- "Vexo que vostede se adica a esto, e, nunca antes o vira por estes lugares. Adícase vostede ás crebas?", Xan contestoulle:
- "Si! xa levo uns anos adicándome a isto, e agora vou por toda a costa, na procura de crebas, así deleitome coa paixase e mais coa forma de ser da xente". O home contestoulle botándolle un sonrriso, mentres axitaba a cabeza afirmando aquelas verbas. E logo, dixo:
- "Así me ghusta!, a iso, chámalle a miña dona, andar a rascar o nabo polo mundo adiante, jajajaja". Riuse, e logo voltou a falar:
- "Pois sí, eu tamén me adico á procura de crebas dende xa fai tempo. Esta praia é moi boa pra isto, as correntes do mar favorecen que saian moitas, aínda que, como ben podes saber, as que frotan non son as mellores, o metal págano ben".

Soando van os murmullos
que con mala fe, ían contando,
sabedores que nas súas casas,
tiñan as galiñas cun galo.

Non se pode facer caso
nin vivir das faladurías,
pois moita xente alégrase
e danar, é a súa enerxía.

Xuzgan sen saber nada,
basándose duns contos,
que lle traen coma un dedo
coma un brazo mailo hombro.

Traicioneira que é a envexa
e non o queren evitar,
viven na hipocresía
e no mundo da maldade

  • Poesía de Pacola González.

Xan, díxolle:
- "Iso mesmo, mais eu polo momento non teño queixa, fun quitándolle algo de cando en vez". O home escomenzoulle a falar de que, efectivamente el tamén vivía diso, aíanda que con unha diferencia... estaba casado!. Entón o home volveu falar:
- "Voulle dicir unha cousa, nas vilas e aldeas pequenas coñecémonos todos, e... as malas linguas non deixan desenvolver con normalidade un oficio coma iste. A miña dona xa está cansa de tanta faladuría". Xan díxolle:
- "Mire... sentémonos a fumar un pitillo que lle invito eu e explícolle como é o tema ese".

Aquel home aceptou o ofrecemento de Xan. Sentáronse enriba duns dos troncos que saíran a praia, sacando o tabaco de picadura máis o papel de liar. Xan botouse a armar un par de pitillos mentres falaba con aquel home:
- "Pois... como lle ía dicindo, a xente ao coñecerse xuzga o comportamento dos demais, como unha norma de control sobor da vida social da aldea ou pobo. Entón así, a xente, por medo a esa crítica procura comportarse dun xeito que non estean nas bocas da xente. Así mesmo tamen o fan algúns ca bruxería. Así calquera que se comporta dun xeito raro é sospeitoso de bruxería, e ninguén quere que se lle relacione con ela, xa que está vencellada co demo. Pódolle nomear varios, como o mal de ollo, que din que ten un enriba cando, por envexa, a xente di que esa persoa provoca enfermidades e trastornos, así en sitios é coñecido o mal de ollo como envexa. Esa é unhas das funcións do mal de ollo, o de que a xente controle a envexa dos seos veciños. E así, contrólase que a xente, por medio do sentimento da vergoña, se comporte socialmente. Ninguén quere ser acusado de ter mal de ollo ou de ser bruxo, por eso unha persoa que cumpre as normas de convivencia dise dela que é vergoñenta".
- "Que tanta razón ten vostede!", exclamou aquel home, "debe de ter estudiado na escola". E Xan respostoulle:
- "Si, estudiei na escola, pero... na escola da vida. Esa é a mellor escola que temos a xente probe".
- "Pois sabe vostede moito!", exclamou o home. Xan, erguéndose mentras sacudía o pantalón, comentou:
- "Pra vivir neste mundo hai que espabilar e non durmirse, e ter medo dos vivos non dos finados, que eses si que non fan nada os probes, e aínda que culpas levan dabondas".

O outro home xa se erguera e poñéndose en camiño seguiron os dous remexendo en buscas de crebas...

A Cara máis íntima do naufraxio

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios