Luns. 09.12.2019
El tiempo
07:25
01/10/11

Xan das Crebas (XVI)

Xan das Crebas (XVI)

Mentres remexían e falaban, non se decataban, que ía ser un dos mellores días que tiveran. Ao irense arrimando cara o norte da praia, ollaron que, na rompente, flotaban uns botes. Xan díxolle o compañeiro:
- "Oe, olla pra lo! pra rompiente, penso que... son botes de pintura". O compañeiro quedou parado, ollou pra un lado e pra outro, non vendo a ninguén, e soltou un:
- "Siiiiiii, e estamos sos na praía, aproveitemos antes de que apareza máis xente".

Corrreron a carón do sitio onde estaban os botes de pintura. Xan, que tiña experiencia niso, dirixíu o acopio do "material", sendo el o que carrexara dende o mar ata terra, e o compañeiro, quen fixera o mesmo ata pór a salvo a totalidade dos botes. Levaron bastante tempo carreteando, e cando se decataron xa non estaban sos, un dos aldeans que estaba cas vacas, ollounos, e, dou a voz de alerta, xuntándose a xente. Aínda que eles tiñan a malloría do cargamento, por iso, e ante o temor de que lle colleran algún, deron por finalizado o acopio, quedando uns cuantos botes para que se entretiran colléndoos os lugareños.

O noso mar ás veces
traianos algún regaliño,
que recollían os das praias
outras veces os veciños.

Sempre apareceu de todo
non nomearei o malo...
pero madeiras de "rija"
ata saían dos barcos.

Esta vez foron os botes,
todos a encher con presa,
posto que os lugareiros
estaban xa á colleita.

Antes non se ollaba
nin a fecha de caducidade
nin o nome do que contiñan,
así que todo o pobo a branquear.

Fíxome gracia a historia,
pois son anécdotas do Xan
non sei onde se toparía,
pero ésta "foi realidade".

  • Poesía de Pacola Campelo.

O compañeiro e mais Xan estaban a pensar en como carretar todos ese botes ata a vila. Viron baixar un home cun carro de vacas, e díxolle Xan que se lles levaba á vila o seo cargamento daríanlle uns cinco dos trinta botes que tiñan. O home contestoulle:
- "mire, eu veño a carretar unha gran boia de ferro que topou o meo xenrro. Se me cabe, non hai problema, agarden vostedes eiquí". Non tardou moito tempo en aparecer o aldeán co carro de vacas, traía unha gran boia de ferro. Ó seo carón, ía o xenrro. Xan díxolle:
- "Ti tamén levas o día gañado, esa boia vale polos menos corenta ou cincuenta pesos", contestándolle o home:
- "Sí, polo menos!".

Entre todos cargaron no carro os trinta botes e foron camiño da aldea, os homes tiñan que ir andando. Non era doado subir a mercancía, ás veces enterrábase na area e, tiñan que facer grandes esforzos en desenterralo. Cando ían atravesando a "area d´arriba", cruzóuselles un dos que baixaba, quedando parado, dixo:
- "Oes... ollade que iso que levades e... ¡unha mina!, ben sei de que falo, que, non fai moito vin do Ferrol de facer a marina". Os homes, quedaron de pedra, decidiron deixar aló a mina e dar parte aos carabineros. Así foi, quedou o xenro de garda mentres os homes e o cargamento collían camiño do lugar.

Cando, chegaron aló, e mentres Xan mais o compañeiro vendían a pintura a un comerciante local, o paisano marchaba co carro e cos cinco botes de pintura a dar aviso as autoridades. Aló pouco de que os dous homes abandoaran a tenda, xa estaba a xente facendo cola pra mercar aquela pintura, foron o bar a tomar algo, e, partiron os corenta pesos que lles deran, logo despois, foron a levarlle algo ao home que quedou facendo garda da mina.
Chegaron aló, máis... non viron a ninguén, só había un saco cheo. Sen pensalo, Xan ergueu, mais, escomenzou a moverse. Xan asustado tirou ao chan, a sorpresa foi grande, o saco non tiña ningun tesouro, só tiña un carabinero que se puxo durmir dentro do saco, os dous homes puxéronse rir, o carabinero caíalle a cara de vergoña, e, pediulles que non dixeran nada, xa que, estaba agardar aos da Mariña que viñan a buscar a mina, e estivera a noite de garda e doulle o sono.

Eles proseguiron o camiño, e, baixaron á praia, mais xa estaba toda limpa de botes de pintura. Voltaron camiño da vila, o sol ía baixo, cada vez que se achegaban, máis berros sentían, ollaron pras casas e... tiñan as ventás e portas pintadas, mais.... non só era pintura o que tiñan, achegándose a unha porta e... estaba toda cuberta de moscas e outros insectos!- Preguntaron e dixéronlle:
- "Os botes que topachedes vós, non era pintura, era... leite condensada! unha leite especial, díxonolo o señor Manolo cando veo da Cruña. El xa o vira antes, cando estivo en Alemania". E dixo:
- "Que carallo fixechedes as casas...! Meu Deus! Pintástelas de leite condensada, e... claro agora cargaron de moscas!". Xan e o seu compañeiro marcharon ríndose cara o bar, dicindo en alto".
- "Leite condensada! se souperamos iso en vez de cuarenta pedíamos medio cento, jajajajaaja..."

A Cara máis íntima do naufraxio

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

comentarios