Xan das Crebas (XVII)
- Vén de Xan das Crebas (XVI).
Xan, esa noite, durmiu na casa do amigo. A mañá seguinte, foi despertado por uns berros que viñan da rúa. Rapidamente, vestiuse e dirinxíndose cara a porta da casa, atopouse co amigo, o cal, xa viña da rúa na procura del. Contoulle que un vello estaba co seo neto nunha leira, e que este tiña moita fame e o vello mandouno entón pra casa. Pero o neno dirixíuse cara o camiño do monte entre lamentos, e o vello, ao chegar a casa non atopou ao neno, e agora había que ir na súa procura.
Xan acompañou ao amigo e mais a varios veciños, e puxéronse a buscar o rapaz. Non quedou toxo, nin xesta que non fose mirado, mais ...nada. A busca non deu resultados, pasaron nove días e Xan, que quedara no pobo pra axudar aos veciños, íase marchar, a espranza de atopalo decaera.
Xan, colleu o camiño, e, despendíndonse dos veciños daquel pobo botouse a andar, levaba un treito andando cando... viu un neno, o cal, estaba arañado, fraco e a súa cara parecía dun defunto. Naquel intre, decatouse que sería o rapaz que andaban na súa procura, achegouse máis e, o rapaz díxolle: - "Dame pan!!!"
Como pensa moita xente
aínda nos tempos que estamos
que lles vale un meniño
pra facerlle mal o anciano.
Mala xente que non pensa,
nin teñen resignación,
malos sapos e culebras,
que non teñen nin corazón.
A inocencia aproveitan,
con enganos e mentiras,
levando unha criatura
pra facer as súas "bruxerías".
- Poesía de Pacola Campelo.
Xan abrio o saco e rebuscou entre as súas cousas, quitando un cacho de broa e mais un anaco de carne que lle deran no pobo. O rapaz escomenzou a comer, mentras Xan, colliuno nos seos brazos e, preguntoulle que lle pasara. O rapaz entre baguas e sollozos contoulle que, cando marchara da leira, colleu o camiño do monte pra distraerse, unha muller saíulle o paso e preguntoulle que lle pasaba, o rapaz dixo que tiña fame i ela fixo que o acompañara ca promesa de darlle uns bos miolos con codias. O rapaz dixo que unha morea de mulleres o tiñan preso, estas bailaban o redor dunha fogueira, facendo extranos ritos e pronunciando palabras que el non entendia.
Xan, ao chegar o pobo vía como lle saían os veciños que o felicitaban e alegrábanse de ver o rapaz, o avó e máis os pais do rapaz logo chegaron. O neno estaba canso e leváronno durmir, mentres Xan contáballes o que pasara, escointándose entre murmullos que aquelo era cousa de meigallo, era ...un akerrale!!, Non sabían, en que lugar sería, xa que as meigas, non deixan rastro.
Aquel suceso entroulle moi adentro a Xan, pensaba que eso non pasaba que as meigas non existian, mais botou a mirada ó chan, pechou os ollos e, pensando pra sí dixo: - "Pero... habelas hainas".
E, collendo o camiño, botouse, esta vez sí, camiño de novas aventuras...
- Xusto Gómez (xustofisterra.blogspot.com).
A Cara máis íntima do naufraxio
Máis información
- Blog de Xusto Fisterra: Xusto Fisterra.
- Blog de Manuel M. Caamaño: Homes de Pedra en barcos de pau.
Novas relacionadas
- 10-06-11: Este mes de xullo comezan novas exploracións submariñas nas augas da Ría de Corcubión.
- Homenaxe ao Serpent 2010: Unha ollada dende dentro á homenaxe polo 120 aniversario do Serpent .
- Unha polo Almirante Mourelle da Rúa.
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- O recuncho da Costa: O Cemiterio dos Ingleses.
- Laxe celebrou o seu tradicional simulacro de naufraxio.
- Unha conversa repasando a historia dos Naufraxios da Costa da Morte dende Corme.
- Os Naufraxios da Costa da Morte protagonistas dunha documental de Cuarto Milenio.
- Descubrindo os tesouros que agocha o mar.
- Os 500 naufraxios da Costa da Morte.
- Homenaxe ao Bonito: “O sal, o sangue de Fisterra”.
Artigos relacionados
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- Unhas pequenas notas sobre o Serpent e a Costa da Morte con Juan Campos.
- A Costa da Morte non existe, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".
- Naufraxio do Liverpool: Retrato dun capitán suicida, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).