Xan das Crebas (XVIII)
- Vén de Xan das Crebas (XVII).
Seguíu camiñando por medio dun pinar. Xan meditaba nas cousas que tiña a vida, dos misterios, e de que a noite, sempre fora cómplice das fechorias e misterios. Nisto, escoitou como un pequeno golpe, algo así como se caera un animal dunha árbole. Xan achegouse á zona onde oíra o ruído e... remexendo entre a fieita, ollou unha cousa de cor verde crara e, cun gorro de cor azul, movendo a cabeza dun lado para outro como si se quixera espabilar:
- "Un trasno!" dixo Xan, mais este non era un trasno normal, xa que os trasnos non poden ser vistos por persoas adultas, e viven nas casa e cunetas facendo fechorías. Ademais soen levar o gorro de cor vermella e iste tiñao azul.
O trasno, ao decatarse da presencia de Xan, quixo acgocharse, mais nun acto de reflexos, Xan agarrouno por unha perna:
- "Vén pra acó, non escapes". E o trasno dixo:
- "Déixeme señor home, non pode verme ou non debería". E Xan repostoulle:
- "Pois, que eu sepa, estonche a ver, e polo que me contaron ti es un trasno".
Ao verse atrapado, aquel trasno comenzou a relatar a historia:
- "Levo miles de anos pola Costa da Morte facendo trasnadas. Como moitos dos meus amigos, metémonos coa xente e rímonos moito, mais, non sei que me pasou hoxe que estando nesa árbore de aí, doume como un aire, un alento e, caín. Agora que me coñece señor home, pídolle de favor... Gárdame o
segredo?". Nisto, Xan respostoulle:
- "Como non! Trataríanme por tolo. Podes quedar tranquilo". E xirou a cabeza cara o lugar onde se atopaba aquel trasno, o cal xa non estaba alí.
Tendida na branca area da praia
mirando as formas das nubes,
e o murmullo do mar
deixeime levar polo soño.

Máis de súpeto...
sentín un ruído,
era un golpe místico
que viña hacia min.
O que eu nunca pensara!!!
atopar aquel ser o meu lado,
era un trasno, pequeniño e orelludo
non o podía contar....
Ver,escoitar e calar
Quen crería a Xan das Crebas
que topara un trasno,
no seu andar???
Cousas que pasan nesta vida
cousas que nin podes contar
pois parecen increíbles
e por tolo vanche tomar!!!
Mellor seguir o camiño
e non mirar atrás,
pois pra diante sempre atopas
algo novo pra loitar!!!
- Poesía de Pacola González Campelo.
Xan proseguíu o seo camiño baixando por un carreiro cara a costa, a cal non tiña tantos misterios nin personaxes. As praias que ollaba ao lonxe eran amplias, con bancos de area, síntoma de que se estaba acheganndo á desembocadura dun río, e que se atopaba nunha zona onde podía haber crebas.A paisaxe, como case todas da costa, era fermosa. Foi baixando cara a praia onde se atopou cuns homes nunha embarcación que o que estaban a facer era preparando un "boliche" para lanzalo na praía. Este aparello ten forma de copo, cuns brazos laterais que rematan sunhas cordas polas cales se tiran de elas. Eses homen ían lanzalo, é dixeronlle a Xan si lle botaba unha man. El aceptou, xa que quería comer peixe e así era unha boa maneira de facelo.
A chalana levou o aparello deixando un cabo en terra cos homes, alonxouse un pouco de terra e foi lanzando o aparello en paralelo á costa, e, ao rematar o aparello foi buscando a orilla do mar entregándolle o outro extremo aos homes que estaban aló. Así pois, Xan e mais tres homes estaban á dereita cunha corda na man e a uns cincuenta metros a esquerda os demais con outra corda, o patrón dou a orden e escomenzaron a tirar. As cordas tiñan cada certa distancia unha marca, a cal, cando chegaba as mans se cantaba dicindo:
- "Marca!!", e agardando a que os do outro lado cantaran a súa, así o aparello vería en igualdade de distancia por ambos extremos, tamén nas marcas, uns e outros se axuntaban máis, pechando así o aparello de cada vez. Deste xeito, cando faltaba pouco os dous grupos de homes estaban a tan só un metro e tirando a ras de area, quitando o cope da auga, o cal viña cheo de peixes e outros animais mariños que se atopaban no camiño do boliche...
- Xusto Gómez (xustofisterra.blogspot.com).
A Cara máis íntima do naufraxio
Máis información
- Blog de Xusto Fisterra: Xusto Fisterra.
- Blog de Manuel M. Caamaño: Homes de Pedra en barcos de pau.
Novas relacionadas
- 10-06-11: Este mes de xullo comezan novas exploracións submariñas nas augas da Ría de Corcubión.
- Homenaxe ao Serpent 2010: Unha ollada dende dentro á homenaxe polo 120 aniversario do Serpent .
- Unha polo Almirante Mourelle da Rúa.
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- O recuncho da Costa: O Cemiterio dos Ingleses.
- Laxe celebrou o seu tradicional simulacro de naufraxio.
- Unha conversa repasando a historia dos Naufraxios da Costa da Morte dende Corme.
- Os Naufraxios da Costa da Morte protagonistas dunha documental de Cuarto Milenio.
- Descubrindo os tesouros que agocha o mar.
- Os 500 naufraxios da Costa da Morte.
- Homenaxe ao Bonito: “O sal, o sangue de Fisterra”.
Artigos relacionados
- Unha reportaxe en vídeo sobre o Naufraxio Serpent.
- Unhas pequenas notas sobre o Serpent e a Costa da Morte con Juan Campos.
- A Costa da Morte non existe, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".
- Naufraxio do Liverpool: Retrato dun capitán suicida, por Juan Campos.
- Juan Campos: "El hombre que enseñó a navegar al regatista Pedro Campos".
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).