Luns. 18.11.2019
El tiempo
14:01
11/10/12

A apertura da mina de Corcoesto retrásase ata o verán do 2013

A apertura da mina de Corcoesto retrásase ata o verán do 2013
A Plataforma Salvemos Cabana informou do retraso da apertura da mina

A Plataforma en Defensa de Cabana de Bergantiños Salvemos Cabana vén de anunciar polo seu twitter que xa é oficial o retraso de, polo menos, medio ano, da apertura da mina de Corcoesto. A empresa tiña previsto realizar a apertura da mina a ceo aberto o próximo xaneiro pero segundo nos informan dende a plataforma cabanesa, non se procederá ata o próximo verán de 2013.

Unha nova que é moi ben recibida polas dúas Plataformas que loitan contra o impacto da Mina, pero que consideran insuficiente e piden a paralización definitiva do proxecto. En todo caso, as entidades contan agora con máis tempo para seguir acadando apoios.

Novas relacionadas

comentarios