Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A loita por Corcoesto amplíase ao eido arqueolóxico

A loita por Corcoesto amplíase ao eido arqueolóxico

Continúa a polémica en Corcoesto arredor da mina de ouro. Medio concello a favor, e o outro medio en contra. A mobilización en contra está a ter gran repercusión nas redes sociais a través da Plataforma en Defensa de Corcoesto, que desta volta amplía as súas queixas ao eido arqueolóxico.

I é que se ben a Fiscalía arquivou unha denuncia por posible delito contra o medio ambiente, dende a Plataforma veñen de presentar un escrito na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia no que esixe a máxima rigorosidade para o estudo arqueolóxico realizado pola empresa mineira Canadense Edgewater referido ao ámbito afectado pola explotación, e que se fagan públicos os resultados do mesmo, pois a Dirección Xeral obrigou á empresa a realizar unha prospección arqueolóxica de todo o ámbito afectado das explotacións Emilita nº 1221, Ciudad de Landró nº 1454 e Ciudad de Masma nº 1445.

Desde a Plataforma destacan que o "estudo presentado pola empresa mineira non cumpre coas esixencias de Patrimonio porque non tivo acceso aos montes nos que a Xunta esixe realizar as prospeccións por existiren indicios de mámoas e outros restos da cultura megalítica e romana da zona". Como proba disto, destacan que nas prospeccións que puido realizar o arqueólogo Manuel Lestón "atopáronse restos de cerámica de mais de 4.000 anos de antigüidade así como outros obxectos da época romana".

Dende os romanos

Recordan ademais que o ouro de Corcoesto xa foi extraído polos romanos a través do método descrito por Plinio el Viejo, como ruína montium (acueducto) ou derrube de montes pola presión e a erosión da auga que soltaban desde os encoros de retención que gradaba os montes. Hoxe os montes de Corcoesto son un resto visible da minaría romana, nos que se pode apreciar a simple vista o acueduto/canal, os cantos redondeados das pedras dos valados por efecto da erosión, e os lugares nos que se producía a desembocadura da auga ou os canles de lavado onde traballaban os escravos para separaren as pedras que contiñan ouro do resto de materiais.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios