Sábado. 12.10.2024
El tiempo
09:00
18/06/12

Ata Galeano denuncia que a Mina de Corcoesto non cumpre a lei

Ata Galeano denuncia que a Mina de Corcoesto non cumpre a lei

Se ben o titular é algo tendencioso, unimos dúas informacións que nos chegan dende a Plataforma en Defensa de Corcoesto arredor do polémico proxecto mineiro a ceo aberto.
Comezamos pola nova máis mediática, pois malia que diferentes persoeiros da cultura galega xa amosaron o seu apoio á loita deixándose fotografiar coa Plataforma, hoxe traemos esta imaxe do mesmo Galeano como símbolo da internacionalización da loita contra estes proxectos agresivos, facéndonos eco igualmente aquí das problemáticas que hai no Uruguay ou de Arxentina (Esquel).
I é que o pasado xoves, Eduardo Galeano presentaba o seu novo libro, "Los hijos de los días" na Cidade da Cultura de Santiago. E os membros da Plataforma aproveitaban para tirar esta imaxe.

Máis alegacións

Tras rematar a exposición pública e o prazo para a presentación de alegacións, a Plataforma pola Defensa de Corcoesto conclúe que "o proxecto de explotación de ouro a ceo aberto non cumpre coa lexislación de minas".

2 proxectos e non 1

Así o aseguran tras estudiar que o proxecto sitúase no ámbito de tres concesións mineiras: Emilita, Ciudad de Masma e Ciudad de Landró, afectando directamente a dúas delas (á totalidade de Emilita e a parte de Ciudad de Landró) polo que consideran que "a empresa debería ter presentado dous proxectos diferentes, un por cada concesión ocupada polo proxecto de explotación, e cada un deles con toda a documentación específica que correspondente, o cal supón unha grande irregularidade na tramitación, que podería invalidar o procedemento administrativo que se está a seguir".

Recursos probados

Ademais, informan de que a lexislación de minas establece que para que se poida outorgar unha concesión de explotación, os recursos minerais - neste caso o ouro - deben estar adecuadamente xustificados. "Este requisito tampouco se cumpre no proxecto presentado ante a Consellería de Industria, Enerxía e Minas, resultando que a propia empresa recoñece expresamente que case o 80% dos mesmos son recursos inferidos, é dicir, recursos que non se saben se existen", afirman.

Documentación para as Escombreiras

Segundo denuncia a Plataforma, en canto á escombreira e ás balsas de lodos contaminantes, "non se cumpre tampouco o Real Decreto 975/2009 sobre xestión de residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, xa que non se presenta a documentación esixida por esta normativa para cada unha destas instalacións".

Estudio arqueolóxico

O proxecto "tampouco incorpora un estudo arqueolóxico do ámbito de prospección mineira adaptado á actual lexislación, incumprindo deste xeito requirimentos da Dirección Xeral de Patrimonio".

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa da Plataforma en Defensa de Corcoesto.

Comentarios