Débeda municipal
21:22 09/07/13
A débeda é un recurso municipal moi cuestionado. Sen embargo, non deixa de ser un instrumento que, como calquera outra ferramenta, pode utilizarse con eficiencia ou ineficazmente. O prexuízo e a visión simplista de numerosas voces críticas que condenan o endebedamento, cando non é excesivo ou está ben controlado, é indignante.
E exaspera, porque os concellos son administracións modernas e serias. Cumpriron co obxectivo comprometido con Bruxelas, ao pechar 2012 con un exiguo déficit de 2.148 millóns de euros (0,2% do PIB), e manteñen un nivel de débeda pouco relevante, que incluso descendeu respecto a 2011, situándose nos 33.207 millóns de euros (3,1% do PIB).
Por iso, non se entende o comportamento do Estado central, cunha débeda de 760.262 millóns de euros (72,3% PIB), nin o das Comunidades Autónomas, con pasivos por importe de 185.048 millóns (17,6% PIB), cando critican a débeda municipal e obrigan aos concellos con superávit a reducir o endebedamento, aínda que sexa mínimo ou se constaten necesidades máis prioritarias.
E cál é a situación dos municipios de Quepasanacosta. En 2011, o endebedamento financeiro totalizaba 13,2 millóns de euros. En 2012, a cifra creceu ata situarse por riba dos 18,3 millóns (incremento dun 39%), fundamentalmente, para dar cumprimento ao pago de provedores. Cuestión xustificada e necesaria.
O “ranking” dos nosos concellos, clasificados de menor a maior débeda, é o seguinte:
O saneamento crediticio dalgúns municipios como Dumbría, Muxía e Zas, que non deben nada aos bancos, contrasta coa situación de Carnota, Muros e Ponteceso, os máis empeñados. Pero, insisto no argumento. Contratar débeda non é malo, o problema xurde cando o endebedamento é excesivo, non se utiliza en investimento produtivo, detrae moitos recursos para o pago de xuros e amortizacións (carga financeira), carece de transparencia, e obriga a adoptar medidas preventivas, correctivas ou coercitivas por incumprimento do principio de estabilidade orzamentaria, agora, consagrado constitucionalmente. Xa que, nestes casos, o que se cuestiona non é a débeda, senón a solvencia municipal.
CONCELLOS | DÉBEDA VIVA a 31/12/2011 | Aumento ou Diminución | DÉBEDA VIVA a 31/12/2012 |
DUMBRÍA | 0,00 | 0,00 | 0,00 |
ZAS | 0,00 | 0,00 | 0,00 |
MUXÍA | 203.000,00 | -203.000,00 | 0,00 |
CORCUBIÓN | 79.000,00 | 14.813,00 | 93.813,00 |
MAZARICOS | 408.000,00 | -182.000,00 | 226.000,00 |
CABANA | 421.000,00 | -47.000,00 | 374.000,00 |
MALPICA | 215.000,00 | 223.685,00 | 438.685,00 |
FISTERRA | 895.000,00 | -18.357,00 | 876.643,00 |
VIMIANZO | 1.006.000,00 | 559.000,00 | 1.565.000,00 |
CEE | 1.281.000,00 | 650.582,00 | 1.931.582,00 |
CAMARIÑAS | 2.109.000,00 | 142.411,00 | 2.251.411,00 |
LAXE | 1.611.000,00 | 640.706,00 | 2.251.706,00 |
CARNOTA | 1.467.000,00 | 978.173,00 | 2.445.173,00 |
MUROS | 1.933.000,00 | 721.552,00 | 2.654.552,00 |
PONTECESO | 1.595.000,00 | 1.687.624,00 | 3.282.624,00 |
TOTAL | 13.223.000,00 | 5.168.189,00 | 18.391.189,00 |
Fonte: http://www.minhap.gob.es. | |||
Elaboración propia: Domingo Guerra. |
O saneamento crediticio dalgúns municipios como Dumbría, Muxía e Zas, que non deben nada aos bancos, contrasta coa situación de Carnota, Muros e Ponteceso, os máis empeñados. Pero, insisto no argumento. Contratar débeda non é malo, o problema xurde cando o endebedamento é excesivo, non se utiliza en investimento produtivo, detrae moitos recursos para o pago de xuros e amortizacións (carga financeira), carece de transparencia, e obriga a adoptar medidas preventivas, correctivas ou coercitivas por incumprimento do principio de estabilidade orzamentaria, agora, consagrado constitucionalmente. Xa que, nestes casos, o que se cuestiona non é a débeda, senón a solvencia municipal.
- Domingo Guerra (domingoguerra@quepasanacosta.gal). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
Outros artigos de Domingo Guerra
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
