Venres. 03.12.2021
El tiempo
Domingo Guerra
10:35
24/04/17

[email protected] de Administración Local

[email protected] de Administración Local

Como sabemos, o posto de traballo de tesoureira/o, dentro da organización administrativa municipal, é relevante. Fundamental.

Entre as moitas atribucións que lle corresponde está a do manexo e custodia de fondos e a de asumir a xefatura dos servizos de recadación. É dicir, ocúpase da xestión dos cobros e pagos; de elaborar os plans de tesourería distribuíndo no tempo os cartos para a puntual satisfacción das obrigacións; de impulsar e dirixir os procedementos recadatorios para que o cobro se realice dentro dos prazos sinalados; e, entre outras funcións, correspóndelle tamén ditar a providencia de prema e autorizar a poxa de bens embargados aos contribuíntes morosos.

Sen embargo, moitos dos nosos concellos presentan debilidades nestas tarefas, que derivan dunha tradicional, obsoleta e anacrónica concepción do posto, ao continuar executando labores propias da desaparecida figura do «depositario de fondos», carente de sentido, na actualidade.

Porque, hoxe en día, ademais do imprescindible control da caixa, os tesoureiros/as municipais deben executar labores propias da xestión de liquidez, controlando fluxos de efectivo e maximizando os recursos financeiros das facendas locais; xa que, doutro xeito, resultará imposible optimizar os ingresos e gastos da entidade.

Tal vez, por iso, a Escola Galega da Administración Pública (EGAP), decidiu impartir un curso de formación, que se desenvolverá desde o 24 de abril ata o día 23 de maio de 2017, dirixido especificamente a Secretarios, Interventores e Tesoureiros con habilitación de carácter nacional, que estean prestando servizos en concellos galegos, e no que se abordará o vixente réxime xurídico da tesourería, coa finalidade de mellorar a xestión desta imprescindible actividade municipal.

Seguro que o aproveitamento do curso servirá para «evitar» que os órganos de control externo reiteren, nos seus informes de fiscalización, cuestións como a recorrente utilización de pólizas de crédito a curto prazo para financiar déficits de liquidez; contas inactivas que manteñen o mesmo saldo ano tras ano; importes elevadísimos en contas bancarias sen apenas remuneración; prescrición de dereitos e outras incidencias que, obviamente, procede de inmediato corrixir nas nosas administracións municipais.

Pincha na imaxe para acceder á información do curso en egap.xunta.gal Pincha na imaxe para acceder á información do curso en egap.xunta.gal  
  • Domingo Guerra ([email protected]). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
 

Outros artigos sobre Economía Municipal de Domingo Guerra

Fonte

comentarios