Xoves. 28.03.2024
El tiempo
José Luis Louzán
20:17
23/07/10

Ilusos

Estaba escoltando esta semana unha entrevista con Antonio Navalon, home que teño por sensato e lixeiramente acrata en materia politica, é unha frase chamou a miña atención. Preguntado pola crispación, por este momento politico eterno onde prima a gravidade do trastazo que se lle propina o adversario, mais que o famoso ben común, Navalon dicia que “lo que no se da ahora es que un politico tenga valentia para salir a la tele y decir “se acabo la fiesta, no tenemos un duro”. Canta verdade. 

Falta valentía para esto e para moito máis. Vexo a Lula chorando porque ve cegar a fin do seu mandato e, emocionado, lembra que duro, que traxico e difícil foi o camiño que o levou o palacio presidencial. Un camiño de partido “antipartidos”, baseado na situación critica dunha parte enorme da población carioca, os “senterra”, que despois de ser tratados coma terroristas unicamente por pedir terra e pan viron por fin oito anos de goberno equitativo, ecuanime con todos, incluido cos excluidos… ou aló menos tentando selo. 

No actual momento falta a valentía dun Lula ameazado de morte, victima de abusos e asaltos en numerosas ocasions. Pero falta tamén a valentia do dia a dia, a que nos leva a decir que gastarse 31.000 euros o ano dos cartos publicos en manter un asunto privado e particular e indecente. A valentia dos que se negan a aceptar que a politica local se faga nos bares, entre copas e razoablemente borracho. A valentia dos que consideran que un hospital, sen dotación suficiente, non é bastante. Dos que cren que si a administración non ten cartos, non é problema noso. Que si fai falla unha estrada o que hai que facer e construila, e deixar as escusas para quen as precise. Ilusos. 

Agora que o veran nos nubla, que todo parece fantástico so quero apuntar un par de cousas. A primeira, que o caron da sua casa alguen, seguro, o pasa moi mal por culpa da crise, ainda que todo aparente normalidade e por moito que os bares sigan parecendo igual de cheos. A segunda, que os mobles do IKEA o único que teñen de especial é que son suecos. Nin moito mais baratos nin moito mallores que os do seu veciño, ese que leva ahí toda a vida e que non nos pide nin esixe ningunha condicion rara para mercar n asua tenda. 

Pénseo mentres vai de camiño a Coruña a mercar unha serie de cousas que non precisa nunha serie de tendas que non lle van a producir ningun ben nin a vostede nin os seus fillos. E desrute do veran si pode. Non sabemos cantos quedan coma este.

 
  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).

Comentarios