Sábado. 20.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
16:39
27/05/19

O Día Despois

O Día Despois

Os resultados das Eleccións Municipais 2019 de onte domingo deixan un panorama convulso e unha lexislatura de incertidume en varios concellos, pero tamén ofrecen un claro retrato da apatía coa que a Costa da Morte observa a politica e as súas cuitas e diverxencias. O PSdeG-PSOE recupera un poder que tiña perdido, o BNG non remata de recuperarse trala súa explosión de hai xa unha decada, as Mareas e Podemos nin están nin son agardados e o PP suma e segue na súa caída en picado, lastrado polos escándalos continuos de corrupción en todo o partido.
Así as cousas, a figura política que supoñen os e as candidatos e candidatas foi se cabe mais importante en cada concello para dar forma a lectura dos éxitos e fracasos desta pasada noite. Valga coma exemplo o concello de Carnota onde o PSOE optava por fin por un candidato saido da propia entraña do partido na vila, Juan Manuel Saborido, “O Moma”, e deixaba atras os experimentos de pasadas eleccións. O resultado: un éxito sen precedentes e o goberno municipal.

Se consolida o retroceso dos populares, que nin tirando de vellas figuras coma Antonio Dominguez en Cee son quen de taponar a brecha que amenaza con acabar co partido e coa hexemonía do partido en Galicia. Tras acusar a Zaira Rodriguez de non “dar a talla” en 2015, o resultado de onte a noite deixa en entredito a suposta posición de liderado do PP en Cee e abre unha nova etapa, chea de incertidume.

En resumen, así foi a cousa e este é o panorama que queda, por concellos:

Cabana, Camariñas, Carballo, Dumbría, Fisterra, Laracha, Malpica, Mazaricos, Muxía, Ponteceso e Zas vivirán unha prácida entrada na nova lexislatura, ben polas maiorias absolutas acadadas ou ben pola reedición de pactos exitosos, coma no caso de Fisterra. 

No caso do resto de concellos esto é o que queda trala convulsa noite deste 26 de Maio

Posibles Gobernos en Carnota

O “Moma” será alcalde a priori sen dificultades. A debacle do BNG, que partía dunha clara maioría, e o ascenso dos socialistas, levan a un cambio histórico que sitúa o PSOE por primeira vez coma goberno en solitario. De tódolos xeitos, precisaran pactar cos nacionalistas ao largo da lexislatura. 

Posibles Gobernos en Cee

O descalabro de Populares e Independentes e o ascenso dos Socialistas propicia unha difícil lexislatura en Cee, cun goberno minoritario, salvo sorpresas para nada descartables. O partido Libertario estivo nun tris de facer que IxCee perdera o seu terceiro concelleiro.

O PSOE é a forza mais votada e formará goberno, salvo que exista un pacto entre PP, IxCee e C`s, algo que semella complicado a vista de que a formación laranxa en Cee xurde en oposición directa a figura de Antonio Dominguez. 

Dito isto, a convulsa vida política municipal na capital da Xunqueira nos últimos 15 anos fai que calquera posibilidade, incluso a mais rocambolesca, estea sobre a mesa.

Posibles Gobernos en Corcubión

A irrupción no pleno dun “vello mariñeiro” coma Alfredo Gonzalez, fai que a posibilidade dun tripartito estea sobre a mesa. BNG, SC e PaCor deberían pactar, algo difícil a priori, pero non imposible. En fronte a posibilidade de qué o PP se vexa empurrado a apoiar a Lalo Insua para evitar esta entente. Veremos.

Posibles Pactos en Coristanco

O PP formaría goberno si se confirma a posible reintegración do ex-alcalde Antonio Pensado que se presentaba coma independente. Así, a suma dos 7 concelleiros que reuniron PP e AlvC daría lugar a un goberno en coalición de difícil pronostico nun pleno sumamente atomizado. 

Posibles Pactos en Vimianzo

O escenario de pesadelo máis probable para a formación do Eex-alcalde Manuel Antelo pasaba por algo parecido ao que sucedía este domingo. Despois de recibir o mandato para catro anos dun goberno en ampla maioria, a posibilidade de perder esa maioria e quedar coma forza mais votada figuraba sobre a mesa, pero non a de perder esa maioría a mans do PSdeG-PSOE de Monica Rodriguez e ser segunda forza. A xeometría política mais lóxica apunta a que Rodríguez gobernará en minoría, pero cunha ampla diferencia que lle permitirá 4 anos de mandato sen demasiados sobre saltos. 

 

Outros artigos de José Luís Louzán

Novas das Eleccións

Comentarios