Venres. 26.04.2024
El tiempo
Mateo Calzas
10:12
01/02/23

Que é un penedo?

Penedos de Traba e Pasarela-A Gadoupa
A Gadoupa
Que é un penedo?

Un penedo, segundo a Real Academia Galega, é unha pedra moi grande con forma singular, ou non, que sobresae da terra ou do mar. Así, se falamos dos penedos de Pasarela e Traba, nos concellos de Vimianzo e Laxe, podemos dicir que teñen unha grande importancia turística pola existencia dunha ruta que nos guía para ver os máis importantes, grandes e fermosos da Costa da Morte.

A nivel científico, tamén teñen a súa relevancia pois permítennos saber como evolucionou o terreo pasados moitos anos.

Nos últimos meses, estase a falar moito sobre esta paisaxe protexida, xa que unha empresa eléctrica propuxo un proxecto para implantar muíños de vento na contorna da paisaxe.

Isto pode chegar a ter aspectos positivos ou negativos. Entre os positivos, esta paisaxe foi inspiración para poetas da época. Un deles foi Eduardo Pondal que definiu os penedos con estas palabras: “Penedos de Pasarela, cando vos vexo, penedos, suspiro de amor por ela”. Debido á inspiración que os penedos causan nos nosos ilustres, falarei sobre se é beneficiosa ou destrutiva a implantación dun parque eólico.

En primeiro lugar, a implantación dos muíños de vento pode ser favorable, xa que se produce enerxía renovable, limpa, segura e inagotable. Por outra banda, frean o consumo de combustibles fósiles como o carbón ou o petróleo, o que ralentiza o cambio climático e favorece o avance cara á transición enerxética. Da mesma forma, como o prezo do vento é cero, os produtores poden ofertar a electricidade a un prezo máis baixo.

Polo contrario, tamén pode ser prexudicial en varios sentidos, xa que dana a paisaxe por completo e produce un gran impacto ambiental debido á súa custosa produción. En relación coa fauna, pode chegar a matar as aves ou desvialas das súas rutas de migración. Sobre as plantas, teñen un gran efecto xa que favorecen a perda de biodiversidade, entre outras consecuencias.

Visto que hai tanto puntos positivos como negativos, eu creo que non se deberían de implantar eólicos nos Penedos; xa que me gustaría conservar esta preciosa paisaxe para que os nosos descendentes poidan desfrutar dela como facemos actualmente nós.

  • Mateo Calzas. Alumno de 3º ESO do IES Terra de Soneira.

Artigos relacionados

Máis novas sobre os Penedos

Comentarios