O embarrancamento do Prestige na novela xuvenil "O senhor Péssimo é o Máximo", de João Manuel Ribeiro
João Manuel Ribeiro (1968) é poeta, narrador, editor e investigador, alén de Doutor en Ciências da Educação pola Universidade de Coimbra co traballo A Poesia na Escola – Resposta ao texto poético e organização do ensino e de posuír un Mestrado en literatura infanto-xuvenil pola Universitat Autònoma de Barcelona. Porén, o que máis nos interesa a nós é que se trata dun dos autores máis prolíficos da literatura portuguesa para crianzas e para a mocidade, con máis de medio cento de títulos publicados de Literatura Infantil e Xuvenil, repartidos entre a poesía e a narrativa.
Un deses libros acontece na costa galega, talvez na Costa da Morte, aínda que de maneira imprecisa como logo explicaremos. Trátase da noveliña xuvenil O senhor Péssimo é o Máximo, publicada nunha primeira edición en 2012 por Trinta por Uma Linha (https://www.trintaporumalinha.com/), con ilustracións de Anabela Dias. Con posterioridade foi «Livro recomendado pelo Plano Nacional de Leitura (PNL) para o 6º ano de escolaridade, destinado a leitura autónoma». Esta recomendación favoreceu a súa segunda edición en 2016 na mesma editorial, mais desta volta con capa e ilustracións de Bolota. Foi a edición que nós mercamos e puidemos ler, porén existe unha versión en galego O señor Pésimo é o Máximo (Hércules Ediciones, 2017) en adaptación da escritora e tradutora Ánxela Gracián, e outra en castelán do mesmo selo editorial.
«Eu estava longe de imaginar que a Galiza seria o destino de alguns dias de descanso outonal». A voz narrativa en primeira persoa dun rapaz conta como a súa familia (seu pai, súa nai e súa irmá pequena) vén gozar dunha breve estadía de lecer na nosa costa no outono de 2002 e relata como os acontecementos vividos nesa semana propiciaron a súa progresiva concienciación ecolóxica.
«As notícias davam conta do rombo de um dos tanques de um tal Prestige, um navio de casco único, com um quarto de século de viagens pelo mar, quase sempre carregado de fuel-oil.» Así pois, as primeiras páxinas relatan o afundimento do Prestige e como o buque partira en dous, a uns 250 km da costa, provocando unha inmensa marea negra de chapapote que chegou tamén á praia «El Rial». João Manuel Ribeiro deturpa o topónimo, tería que ser O Rial, e deslocaliza a acción, pois que nós saibamos non hai ningunha praia con ese nome na Costa da Morte. A máis achegada con esa denominación está en Porto do Son, mais os protagonistas están aloxados nun pequeno hotel tamén chamado «El Rial» que na costa só localizamos en Vilagarcía da Arousa.
Non se cita o topónimo de ningunha vila, mais os dous primeiros capítulos transcorren nese lugar impreciso da costa: «A maré negra tinha-se entremeado nas nossas vacaciones e exilado os nossos dias ao trabalho de limpeza das praias». Este labor fixo reconsiderar a actitude de toda a familia con respecto ao medio ambiente e no regreso á casa seu pai, de nome Péssimo, promove novas accións de compromiso ecoloxista que xa non imos adiantar.
Naceu así unha família de «eco-guerreiros» e de feito a partir deste libro, a editora Trinta por Uma Linha e o autor João Manuel Ribeiro artellaron un concurso literario para o alumnado do 1.º e 2.º baixo o epígrafe «O Clube dos Eco-Guerreiros», cuxos textos premiados se inclúen nun apéndice da 2º edición portuguesa.
Na miña opinión, malia o seu interese para nós por literaturizar mais unha vez o desastre do embarrancamento do Prestige, o relato abusa demasiado dos consellos pedagóxicos e non mantén o ritmo narrativo, aínda que sexa unha lectura recomendable, quer na versión galega ou quer na versión orixinal.
- Miro Villar, ceense Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, é profesor de lingua e literatura galegas, ademais de poeta, narrador, tradutor e crítico literario en diversas revistas e publicacións periódicas. Autor do blog As crebas.
Artigos de Miro Villar en QPC
- A Costa da Morte en tres exposicións temporais que se mostran en Compostela.
- Lembranza do poeta Manuel Caamaño Devesa (Laxe, 1879 – Montevideo, 1928) no seu noventa cabodano.
- No prelo a edición de “Dorna saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro de Antón Zapata García”.
- A dez anos da Homenaxe a Cipriano Fernández, alcalde republicano de Fisterra que foi represaliado en 1936.
- As comarcas de Bergantiños e Fisterra na guía de viaxes francesa Joanne de 1890.
- De “coreanos” a “faroleiros”. Unha cala sobre os alcumes da Costa da Morte no Portal de Ditados Tópicos Galegos.
- Unha obra teatral contra a lesbofobia no distrito de Corcubión en 1901.
- A escura lembranza do Prestige.
- A prensa de Corcubión ao servizo da Costa da Morte desde 1890 (3ª parte).
- A prensa de Corcubión ao servizo da Costa da Morte desde 1890 (2ª parte).
- A prensa de Corcubión ao servizo da Costa da Morte desde 1890 (1ª parte).
- Unha crítica á celebración do 12 de outubro nos versos de Antón Zapata García.
- Novos testemuños do franquismo de Eugenio López López.
- A romaxe da Barca desde a emigración bonaerense:
- A fundación en Bos Aires do xermolo da «Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión» e a unificación coa «Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía».
- Feros Corvos, 1 (Inverno de 1997). A revista do Batallón Literario da Costa da Morte.
- Tres sonetos de Antón Zapata García no Día de Galiza do ano 1947.
- A Costa da Morte en Nova Ardentía. Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial.
- Efeméride: No 80 aniversario da publicación de «Na morte de Lexandro Bóveda» de Antón Zapata García.
- Efeméride: No 64 aniversario do pasamento do poeta Antón Zapata García.
- Os artigos literarios de Baldomero Cores no diario vespertino La Noche.
- Nemancos (1953-1954), a revista dirixida por Baldomero Cores Trasmonte.
- «O pino de Corcubión» en dous poemas de Xervasio Paz Lestón.
- Paco Souto, in memoriam.
- Efémeride: No 139 aniversario do natalicio de Gonzalo López Abente.
- El Eco de Mugía (1902-1904). No 115 aniversario dunha cabeceira da prensa costeira
- “A relixión do mar”, de Xosé Iglesias Lamela.
- Efeméride: 120 anos do naufraxio do «City of Agra» e un poema de Antón Zapata García.
- “O pino de Corcubión”, un poema de López Abente.
- Nos 80 anos (1936-2016) dun decembro negro na Costa da Morte.
- O naufraxio do HMS Serpent na novela Cadeas (Premio Xerais 2013) de Xabier López.
- Emigración e antifranquismo na poesía de Xervasio Paz Lestón (23/10/1898 – 1977).
- No trinta aniversario do colectivo de poesía «Un Medio» de Cee.
- «A Virxe d’a Barca», un poema de Juan Bautista Armada Losada, Marqués de Figueroa editado en 1917.
- Coplas populares na nosa lingua no Programa de Festas de Cee, agosto de 1952.
- Adagio por outono.
- A xeira do Seminario de Estudos Galegos en 1936 a Fisterra.
- «Saúde e Terra, irmá(n)s!». Exposición conmemorativa do Centenario das Irmandades da Fala (1916 – 2016).
- A vinte anos I Encontro de Escritores e Escritoras da Costa da Morte, primeira actividade do Batallón Literario.
- O poeta maltés Stephen Cachia critica o peche temporal do Museo da Pesca de Fisterra.
- No natalicio do escritor emigrante muxián Victorino Abente Lago.
- A Costa da Morte: poesía e paisaxe nos textos de Manuel María (III).
- A Costa da Morte: poesía e paisaxe nos textos de Manuel María (II).
- A Costa da Morte: poesía e paisaxe nos textos de Manuel María (I).
- Ceés / Ceesa e outras propostas filolóxicas polémicas en Xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega.
- Os neofranquistas de Cee non queren mudar o nome do colexio público Eugenio López.
Novas relacionadas
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
- De pescos a montañeses. Os verdadeiros xentilicios da Costa da Morte.
- Os versos de Miro Villar musicados en clave indie.
- Miro Villar, un contacontos de primeira.
- Miro Villar espallou os seus haikus do Finisterrae Bretón pola costa ártabra.
- Miro Villar rebélase na charca da poesía para nenos.
- As Crebas de Miro Villar premiado como o Mellor Blogue Literario pola AELG.
- Miro Villar explica por que rexeita o Faro Nerio.
- Miro Villar: Estranxeiro na súa patria.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).