Martes. 17.09.2019
El tiempo
Óscar de Souto
15:54
30/03/17

Peregrinos de Autopista

Peregrinos de Autopista
A nova vía rápida Carballo-Pazos, e tamén a recén estrenada autopista sen peaxe tramo Carballo-Vimianzo, modificaron xa inevitablemente por sempre as economías das localidades polas que pasa de largo ou polas que empeza e remata, beneficiando a todos aqueles que conseguiron atraer clientes ós seus establecementos e tamén causando peches naqueles que, por un motivo ou outro, quedaron xa fóra de xogo. E son os finais de destino como Laxe e Fisterra, Cee ou Corcubión, tamén Ponteceso ou Pazos, os que, dun ou doutro xeito, rentaron este fluxo de peregrinos de autopista que arriman o seu pan a esta sardiña cada finde para disfrutar do noso paraiso verdescente conectado, por fin, co resto do planeta. No pasado eran as rutas marítimas Venecia, Fisterra, Bretaña e Gales a nosa particular galiña dos ovos de ouro, máis hoxe en día son as comunicacións terrestres a chave que desfecha a cancela do progreso deste edén atlántico onde: tranquilidade, sol, praia, gastronomía e paisaxe, conxúranse para ofertar o mellor de nós, cada verán. Coa nosa xenuína fórmula máxica de fusionar clásicos infalibles como frescos percebes roncudianos e primicias como a famosa fabada con polbo e almejas, todo fresco, e, para máis inri, todo barato, barato, barato. E tamén mencionemos a publicidade de baixo custo (internet, xornais, folletos, eventos, radios, etc) que, as veces, inclina a balanza para que elixamos un ou outro local. Ainda que esa relación entre trato o cliente, profesionalidade e calidade do servicio é a que culmina un éxito rotundo ou un trastazo de “se vende, traspasa ou alquila”. Porque está claro que algúns quéixanse de que teñen o seu vaso medio baldeiro e non se decatan de que, en realidade, ese mesmo vaso téñeno medio cheo. E a todos/as os que se mofan, moi a miúdo, do voluntariado, eso de colaborar de balde para promocionar as nosas comarcas, debo sinalarlles que se os voluntarios frenásemos nesta intensa loita decisiva seguramente frenaría tamén esa chegada anual de peregrinos e xa non precisariâmos autopistas, nin locais, nin percebes, nin reservas para poder dilapidar algún aforriño. Así que, grazas voluntarios/as, grazas peregrinos/as de autopista, grazas por facer posible que xire a roda do turismo findesemanero e, tamén ese turismo de hotel e vacacións, o turismo caravanero, o turismo en xeral tan ineludiblemente imprescindible para a nosa maltreita economía local. Que o vaso rebose é un asunto primordial que require da axuda incondicional de todos/as nós, porque nesto perdemos ou ganamos demasiado. O futuro da costa verdescente decídese hoxe porque mañán xa será demasiado tarde.

Outros artigos de Óscar de Souto

Novas relacionadas

Fonte

comentarios