Venres. 19.04.2024
El tiempo
Óscar de Souto
14:34
14/04/15

Porcos e pienso

Porcos e pienso

Coma se os cidadáns fosen animaliños de cortello, asi mesmo están operando algúns gobernantes municipais, nos pobos e vilas deste confín dos verdes castros, onde hoxe, escoitamos polas radios esa famosa canción de Joaquín Sabina, que di: “¿Quién me ha robado el mes de Abril?”…

Mentres tanto sube o prezo do combustible polo aumento na demanda de petróleo porque aqui, nesta Galia, están asfaltando pistas particulares, eiras, agras e aceras de bares… e ata parece que as farolas alumean moito mellor.

Dou comezo a Primaveira Árabe, por aqui polo norte, e os colleitadores de voto asegurado andan en plena campaña electoral, e o pobo sementa e retroba, os terreos, desta humilde comarca… mentres os outros, moito máis raposos, non paran de prometer “el oro y el moro”.

Que tan intensa é ista colleita masiva de adeptos que convencen con ese rompedor sorriso caciquíl que soa tal que así:

- “…confia en min”.

… con ise marcado tono de proximidade campechana.

Cando en realidade non ten nada de campechano, este triste asunto, porque as cuotas leiteiras, e todo o demáis, puxeron en perigo de morte o noso agro galego. Tampouco ten nada de proximidade porque, a nosa flota do cerco, a máis próxima, xa ten as horas contadas.

O novo Estado de Malestar está xa nas mans de larpeiros, prestamistas, banqueiros, etc…. mentras aspirantes e mangantes saquean todo, televisadamente, vendendo toda clase de mentiras douradas que non serven de pienso a estes derradeiros porcos que alimentan esta comarca de cortellos ó borde, xa, da súa total exterminación.

  • Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.

Outros artigos de Óscar de Souto

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios