Martes. 11.08.2020
El tiempo

Especial Domingo Antonio de Andrade (XIV): Andrade e San Domingos de Bonaval

Especial Domingo Antonio de Andrade (XIV): Andrade e San Domingos de Bonaval

Portada de San Domingos de Bonaval-Foto- Tino Viz  

Ademais do seu traballo na catedral de Santiago, Andrade deixou a súa pegada na arquitectura relixiosa e civil da cidade compostelán.

Na arquitectura relixiosa é salientable o seu traballo nos conventos de Santa Clara e San Domingos de Bonaval, así como na capela da Orde Terceira de San Francisco e na antiga capela de Nosa Señora da Soedade da igrexa parroquial de Santa María Salomé.

No convento de Santa Clara comenzou a traballar desde moi xoven en tarefas de reconstrucción e mantemento alomenos desde 1670. En 1682 está a reconstruír o coro da antiga igrexa e entre 1687 e 1689 acomete a realización dun novo edificio, o cuarto nuevo para acoller o torno, a cociña e novas celdas para o convento. A última obra de consideración para esta institución sería o pórtico de entrada realizado nos anos 1692-93 e para o que segue un esquema que lembra ó empregado uns anos antes nas portas da Sala Capitular da catedral de Lugo.

O conxunto arquitectónico de San Domingos de Bonaval está integrado polo convento coa súa igrexa e unha ampla horta que hoxe é un parque público. O convento permaneceu como tal ata 1836, cando pola Desamortización de Mendizábal pasa a ser propiedade do Concello, que o destina a fins benéficos. No ano 1977 foi cedido para a instalación das dependencias do Museo do Pobo Galego. A maior parte do que hoxe podemos ver pertence a etapa constructiva do século XVII, no que a comunidade dominica encarga a Domingo Antonio de Andrade o proxecto dun novo convento. As obras duraron ata o 1705.

Escaleiras de San Domingos de Bonaval-Foto- Tino Viz

De tódalas dependencias do convento destaca a triple escaleira helicoidal construída por Andrade para organizar o espazo de circulación entre os distintos andares. A escaleira ocupa o ángulo noroeste, dentro dunha caixa cilíndrica de cachotería, onde se desenvolven tres ramplas despregadas nunha triple hélice sen que cheguen a cruzarse nunca entre si. Os chanzos paralelepípedos penetran uns 45 centímetros na parede pero a escaleira susténtase sobre todo e, explicado dun xeito moi simple, porque cada un dos chanzos, pola parte do muro, descarga a forza no seguinte. A idea está presente nos tratados renacentistas de arquitectura.

A cúpula que cubre o cilindro da caixa da escaleira está furada por catro fiestras que dan luz á caixa, orientadas ós catro puntos cardinais.

A rampla I, que se prolonga máis arriba que as outras dúas remata nun pequeno mirador sobre a cidade vella e consta de 82 chanzos. A II e a III teñen 45 chanzos cada unha.

No tocante á varanda é unha peza de ferro moi sinxela, con balaústres de bronce torneados e pasamáns de madeira rematados nunha boliña de latón dourado. Foi colocada no ano 1887 posiblemente en sustitución da varanda orixinal.

A escaleira, única no seu xénero, mereceu a unánime admiración xa desde o mesmo intre do seu remate. Ademáis dela, a portada do convento e o claustro do mesmo levan o sello de Andrade nunha obra que foi posible grazas ó mecenazgo do arcebispo compostelan frai Antonio de Monroy, quen a través de diferentes doazóns aportou uns 80.000 ducados para este convento.

Claustro de San Domingos de Bonaval-Foto- Tino Viz

 

Especial Domingo Antonio de Andrade

Novas relacionadas

Outras novas

As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos

A gran crise europea

Especial Guerra da Independencia

As terras fisterrás no século XVIII

A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos

As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación

Que pasou na Costa na época moderna

A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI

Que pasou na Costa

Fonte

comentarios