Mércores. 20.01.2021
El tiempo

A cona, ques vela?

A cona, ques vela?
candela

Ten a Nai Terra un recuncho moi particular, moi íntimo e persoal, que entre as dobreces materiais da súa pel agocha a vista de todos os divinos manxares espirituais, Galiza, a pudorosa e vergonzosa terra obxeto da cobiza. Hai moita ira en impor a mentira mais non hai casualidades que alonxen as verdades, non hai outra fala que parira palabra como a morriña, non hai escrito outro sentimento de aquí ao estranxeiro que leve a toda a xente o alento que levou a nosa lingua, é algo máis que o material é algo máis que o visual, é un sentimento que se apodera dos que vibran ao seu carón e senoón o sabes, xa cho dixo túa avoa, tas muito tempo cara a televisión! Estás demasiado out do in do seu corasón! Auricular, ventricular, escorrentía, insolación, sedimentación molecular, fluír da vida que erixe a túa existencia, fustigada e triturada coa erosión artificial para conseguir ... Enerxía limpa sen montes? Cistisis urinal. Enerxía verde sen árbores? Andróxina asexual. Enerxía ecolóxica sen fauna? Candidiasis vaxinal. Riqueza global sen biodiversidade? Satisfyer temporal.

Galicia, o bo camiño? Galicia unidos pola nosa Terra? Galicia tes que vivila? Pregoeiros da mentira ou mentirosos da preguiza? Para que alonxarse tanto da Nai Terra no canto de amar cada recuncho do marabilloso Ser que nos veu nacer, que nos chorou amorriñada ao vernos partir, que nos coidou coa húmeda dozura dos seus agochos para bagoxar nos seus brazos cando non eramos quen de sorrir. Non hai anuncio que a presente, non película que a represente, nen hai serie que en mil tempadas a documente, mais non parece esa realidade mostra suficiente para abandoar as relixións de control da xente coa pantalla dividida tan alonxadas da propia mente. Porque se no Amazonas ten postos os pulmóns a Nai Terra en Galiza ten a cona aberta aos jolpes de mar, ten as dobras vulvosas en cada ría co constante ulular, ten o seu clítoris entre o matoxo forestal, non sendo cousa de encantamento que coa nosa lingua vaia polo aire e veña polo vento, que co noso vibrar cantarín ando cos dedos dos pes tirando do calsetín, porque por moito que dijan os rumorosos partame un raio que brila transparente co prácido luar e polo río abaixo vai o orgasmo da nosa Nai, aquí onde está o noso fogar, onde acaba o mar... A cona, ques vela? Pois aparta os eólicos dela! Ailalelo ailalá!

Non sei si será a frialdade froito do orgasmo de manivela porque a min enrosecéronsecheme as meixelas refrejándome con Ela, enloqueceuseme o corazón cun latexo sen parangón, tentando coa lingua fóra ulular ao seu Amor. Divinidade Láctea inmaterial ao fin da Vía existencial, catarata multiorgásmica tanxible sen falta de tocar, que con so recordar, con so nela pensar erizaronsecheme os pelos do meu lar, escorrejáronsecheme as bágoas que non se frenan ata desembocar no seu Mar, mais non, non podo describir completamente o que é inmaterial coa forma da palabra por moito que as alargue ata o final para tentar describir o seu ceo vaxinal.

Os satisfyer eólicos estruturan o motor para voar co efecto invernadoiro a máis altura, monstros asposos famélicos de aluminio e cobre producindo monocultivos globais de minas a ceo aberto, monstros ferruminosos sedentos de fauna e flora, devoradores de montes enteiros; monstros cuias necesidades alimenticias lévanse por diante as paisaxes milenarias das nosas devanceiras, estrondo de bombas rachando co vals que percorrían os iniciados de Caminho ao colexio existencial. Foguetes a pilas de satisfación material dos que te aburrirías se non comprases un can, alonxándote da túa realidade material e espiritual, pois por moito que queiran tatuarte máis mona eres dual. Dedicar a gran maioría do teu tempo a desentrañar as opcións ofertadas polo virtual sen dedicar nin un instante a descubrir a opción máis natural interesándote polo teu lado espiritual, apartando a saia, o mandil, o mantelo, as enaguas, o refaixo, os pololos, ... aireala vida do peso innecesario da moda diaria dos interesados protocolos.

Non precisamos ter luces de nadal dous meses consumindo enerxía, nen precisamos as luces tódalas noite alumiando as rúas e o campanario para distraer a atención do noso calvario, ou é que tes as luces da escaleira do edificio acesas toda a noite por se ven alguén e lucir o caganer do belén? Sería unha tamaña desconsideración para o gasto comunitario que sí se fomenta para o gasto público do empresario. Eso é o que hai que cambiar, é o que hai que desenrolar porque discorrido xa está. Os parques eólicos non representan maior beneficio que algún soldo mensual cuatriplicado para asesores lexislativos que de súpeto son expertos en enerxía cando precisaban asesores ata para limpar o cú. Non ten sentido cargarse a paisaxe é os montes para alumiar con cores o vacío existencial para distraer aos acólitos de peter pan. Iluminatis parasitaros da involución que defenden só o seu rincón, defenden a rede natura para protexer a súa particular cultura, insultando se non entras nos seus preceptos porque din que así eres un inepto, e aínda teñen os santos collóns de pedir que prestes atención os que non ven máis que a paisaxe do Anllóns porque alí teñen as portas do seu balcón, os que gardan silencio co Roncudo por non influirlle no xardín esa destrución, que tamaña consideración. Pedir perdón non o farán por moito que perdan a razón, soe esa xente chamarlle ter valor a seguir facendo dano sen ton nen son, tan maliños tan do corasón.

Non é preciso autolesionamos para curarnos por moito que en eso insistan que insistamos. Non fai falta tatuar a pel para facer fermoso un corpo de por si marabilloso, nin distraer a mirada das dobreces dos seus contornos, nin apartar a atención dos suntuosos poros, ou non gustades dos vosos corpos? Mires para onde mires os eólicos contornean unha nova paisaxe, deconstruen a fermosura da súa existencia obrigándonos a baixala testa buscando recunchos sen aspas que non nos taladren a cabesa. Galiza, obrigada a prostituirse para satisfacer aos proxenetas do púbico, facéndote crer que é a ninfomanía o bo camiño, yonki-pus do egoísmo, coas argolas do Ego extendendo as cadeas dun mañá, amputando as ás para voar, convertindo a príncesa en rá. A onde pensades chegar así? Queredes subirvos a nube? É o único Caminho aberto co o esforzo así orientado. É hora de espertar, non credes? É o tempo de parar a destrución global poñendo a andar a túa propia evolución, sen esperar por ninguén, deixando de excusarte a ti mesma. Limpa a túa virilla, cansouse a Vida de navegar a deriva, fartouse a Nai Terra de que a prostituan sen consideración para ter máis luces e cores coas que bailar sempre a mesma canción dos que tanto insisten en berrear a súa falta de razón.

Nun pobo de Málaga non puxeron nas rúas as luces de nadal, a cambio entregaron a cada veciño choriso, salchichón, botella de viño e de pata nejra un xamón, aforrando cartos no troco do gasto lumínico innecesario que con vilancicos os veciños eloxiaron. Agardades por un movemento global para sustificar o voso comportamento no Instagram? What what? Gotea o naris terráqueo, coa aplicación da destrución globalmente descargada, desconexión! A cona, ques vela? Pois aparta os bichos dela!

  • Xabier García Lema. Morteño da Costa con ganas de darlle alma a Vida, animal salvaxe e vexetal silvestre, empadroado nos Penedos, sen granxa e sen capar.

 

Outros artigos de Xabier García Lema.

comentarios