Xoves. 28.03.2024
El tiempo

GhostLego

Naceron no territorio galego, son as túas veciñas, son os teus compañeiros, mais non son galegos, por moito que os auscultes en ningunha parte do seu corpo atoparás o amor pola Terra e non habendo ningún síntoma máis que o libro de familia, nin se sinte nin se padece dese sentimento, non se enferma dese Amor, non se é presa dese encantamento. 

Non son galegas ás que carballos e castiñeiros non lle moven nin as pestañas, son ghostlegas ás que piñeiros e eucaliptais conforman a súa i-alma; non son galegos os que se rín dos xabaríns buscando na basura, son ghostlegos os que non sinten fauna e flora na alma sua; non son galegas as que só coñecen da Costa os areias e do Monte os miradores, son ghostlegas as que só queren a súa Nai para a fotografía dos aduladores; non son galegos os que trocaron o cariño do seús avó pola mentira do seu patrón, son ghostlegos os que fustigan aos que defenden a Terra co corazón. 

Son ghostlegas as que escalan as montañas daló e non pasean os montes dacó, non son galegas as que escupen nas lendas e sachan nas tendas; son ghostlegos os que só son bravos pra criticar ao veciño, non son galegos os que afían coas mentiras o fouciño; son ghostlegas as que coñecen máis a vida da tertuliana de moda que as historias da súa avoa, non son galegas as que non tiveron a natureza por escola; son ghostlegos os que fachandean da Terra que destruen para coleccionar anacos dela, non son galegos os que se prostitúen por diñeiro sen importarlle o legado da loita dos seus deVanceiros; son ghostlegas as que se opoñen aos eólicos en público e os firman na intimidade co cacique de turno, non son galegas as que minan os movementos sociais para facer un documental do seu perfil menos natural. 

Son ghostlegos os que se avergoñan de si mismo e maquillan os beizos co luxismo, non son galegos os que lles berran aos avós e están máis pendentes de vox que da súa voz; son ghostlegas as que perden a maxia da conexión coa nai divina por propia iniciativa, non son galegas os que valoran a Terra só cando sae na publicidade televisiva; son ghostlegos os que defenden a fauna urbana contra os sistemas forestais, non son galegos os que capan con pienso aos seus animais; son ghostlegas as que non aman ao Sol e a Lúa, non son galegas as que non entenden que coa Terra son os tres a Vida súa; son ghostlegos os que pensan que son masculinos ou femininos, non son galegos os que non entenden a dualidade do divino, que sen mal non existiría o ben e podes ser Todo ou non ser ninguén; son ghostlegos os que queiman ao veciño por orde da inquisición, non son galegos os que se poñen a capa antes que os calzóns.ghostlegof1

Se Un non é de onde nace senón de onde pace, son ghostlegas os que traballan e se esforzan para poder drogarse e olvidarse de canto lle rodea, non son galegas, non son galegos, son ghostlegos, pantasmas feitos con pezas de lego, coa programación de fóra implantada no seu Ego, pezas cos osos do nosos lodos herdadas sen a maxia da Terra, pezas acopladas coa alma manufacturada, como os piñeiros, como os eucaliptos, como as mimosas, coma os visóns, como os mapaches, como os cangrexos americanos de río, coma o pulpo desaborido, como o pienso alimentario, como a horta manufacturada, como a mel que caduca, coma o millo luminiscente, como o esterco sen desodorante, coma os vrans de seis meses, como os plásticos de calamar, coma os eólicos con montes, non, non son galegos, porque os que minten no amor aman as mentiras, porque os que falsean o querer queren a falsedade, e ti queres ostias ou que ostias ques? 

Se nada é o que parece non te busques fóra, deixa de descuartizarte en pezas... pecha os ollos, tapa os oídos, búscate aí onde está a verdade, aí onde podes confiar, descubre que es e quen es escavando baixo a pel dos teus avós, nadando polos ríos de sangue dos teus ancestros, navegando polas beiras das carballeiras entre as follas dos castiñeiros, no silencio dos teus pensamentos ata o centro da tua esencia, da túa existencia... pecha os ollos e sinte o aire voando polo teu torso, o fogo acenderse dende os teus osos, a agua fluir por cada recuncho do teu corpo, sinte a Terra da que estás feita, atopa no vacío a enerxía, descubre a Alma, atopa o Ser Humán, descubre a dualidade do divino caliz confluindo en Ti. 

Coñece ao fillo da túa Nai, escoita dende o útero ao teu Pai, así é arriba como abaixo, o que creas fóra xurde dentro, o que creas dentro xurde fóra ... a matématica da túa existencia enraizase coa maxia na simbiose vexetal de materialización animal, a tua luz non ilumina sen oscuridade, pecha os ollos e sinte o universo feito ceo por amor terrestre ... senon o entendes cala, se non o comprendes escoita, tendo a deus dentro non pregues por el fóra. 

Ser galego, ser galega, é unha experiencia que nunca te arrepentirás soñar así que non dudes ghostlego en ir aos mundos da hoz, non dudes ghostlega en cortar con Amor e respeto unhas flores, unhas plantiñas, unhas herbas, mestúralas con auga, co calor das mans, non dudes en lavala cara cos fluxos da terra, en airear a túa alma e deixar de temer pola túa ausencia que aínda non houbo quen de aquí marchara que algunha vez non voltara.

ghostlegaf1

  • Xabier García Lema. Morteño da Costa con gañas de darlle alma a Vida, empadroado nos Penedos, sen granxa e sen capar, Animal salVaxe e Vexetal silVestre fundido nun abraZo que nunca xamais volverán a facer pedaZoS.

 

Outros artigos de Xabier García Lema.

Comentarios