Venres. 29.03.2024
El tiempo

As Cansións de Obra (ACO)

As Cansións de Obra (ACO)
A mente humana é incriblemente estúpida. Este razonamento é froito dun estudio concienciudo a traverso do intrincado mundo das cancións de obra. Nunha mañán de néboa funme a ría do Caramiñal, tiven que cruzar a ría de Vilagarcía que é porto de mar, foi unha viaxe bonita. Mais hoxe quérovos falar doutra mañán, unha na que me levantei a unha hora medianamente prudente, aquela que non acaba de disgustar de todo á túa avoa nin aos teus pais dado a acostumado, claro. Fun facer a xira do parado responsable preguntando “hai algo que facer” ou “ axúdoche”. Por sorte ou desgracia teño ao meu pai no paro por falta de traballo e por existencia de subsidio, e cando un ten un pai no paro e é un manitas en diferentes obras eche unha carallada, que pouca risa dá. Xa te levantas pegando unha visual e analizando as cousas para determinar se estará creando máis traballo ou hoxe tes o día para as túas cousas. Pois sí amigos, aquel día non era o día para as miñas cousas e a carretar masa a lotes como se xa houbera pouco cemento darredor. E aquí chegamos ao meollo da cuestión que nos aborda hoxe, As Cansións de Obra (ACÓ). Xa pode ser a canción que máis rabia lle teñas, a que menos che juste ou coa que cambiarías de emisora si te toparas con ela, que como se cante na obra, se jodió. Fixen un estudio pormemorizado, é dicir, por memoria obrigada e non tiene discusión y no la tiene e o carallo, acábala cantando todo o día, justes dela ou non. Se te topas con este tipo de traballador: manitas, perfeccionista e dedicado con fervor ás obras perdendo a noción do tempo, da súa voz e da túa tamén, tas fodido amigo. As cancións que se tararean son moi variadas, dende o elenco ancestral do folclore popular a aquel día que toca tirar do repertorio-recordatorio das máis asiduas cancións das orquestas populosas ou no peor dos casos, cando toca unha dos robocantantes que resoan tan a miudo polos cuarenta, e que escoitou por casualidade na radio. Porque isto non pode faltar nunha obra que se precie de tal, a radio a pilas amiga do cemento e das varillas de ferro. E naquel particular día meu pai tarareaba “corazón latino”. E non fan esa fantástica entonación mezclando tarareo-letra un par de veces ou quinse, non … multiplícase na eternedidade do tempo de tal forma que resoará incesantemente naquel edificio no que algunha que outra palabra debido ao eco particular da habitación acabe convertíndose en famosas psicofonías futuras, pois as psicofonías non son máis que o recordo dun repetitivo obreiro en faena perdurando no eco atemporal. Non me gusta esa canción, me toca os tímpanos testiculares escoitala dúas veces seguidas, pero aquel día ante o meu propio asombro acabouse repetindo unha e outra vez na miña cabeza aquel estribillo sen desacougo e inclusive na estupidez mental dos humanos acabei tarareandoa, bailándoa e agarrando un hipotético, e invisible a vista micrófono con un gusto difícilmente explicable. Debo sinalar que eu subía a masa, só escoitaba o tarareo hipnótico en certas ocasións pero é tal o poder das voces dos obreiros manitas que se dedican con afán ao seu labor que te atrapan ante calquer tipo de resistencia que poidas ter. Así pois, tede coidado cando vos atopades con este tipo de traballadores, están tan metidos na obra e teñen tal dedicación a facer ben a súa labor que non son conscientes que emiten sons hipnóticos e naquel tarareo que en outro momento poidera ser obxeto dunhas risas ou de facer oidos sordos, na obra adquiren un místico poder sobre as mentes dos que os rodean. Cada vez que meu pai está na obra e subo a facer de parado responsable, sei que tarde o tempo que tarde, se escoito un tarareo terei no mellor dos casos todo o día por diante para escoitala. Os Manitas… continuará.
  • Xabier García (xabiergl[arroba]quepasanacosta.gal).

Rolling polas dunas

Comentarios