Martes. 01.12.2020
El tiempo

Os antisistema

Os antisistema
montoro-antisistema

En 2011 un comando composto por algúns dos peores soldados da política española foron elixidos por uns méritos que non cometeran. Non tardaron en fugarse da responsabilidade moral a que se encontraban sometidos. Hoxe, ainda buscados pola evolución, sobreviven como nobleza de fortuna. Se vostede ten algún problema e os encontra, quizá poda regañalos, son Os Antisistema.

Superviláns capaces de todo por destruir a evolución defendendo o legado dos Arcaicos dos que heredadon os poderes da nobreza parasitaria: Super Gallardón co poder xudicial, capaz de matarte sen darche tempo a pestañear nen respirar, Super Montoro capaz de empobrecer co seu vil sorriso a millóns de persoas nun solo “oink”, SuperRajoy preparado para arrancarche os dentes e levarse os cartos ... e moitos máis, un sinfín de superviláns azuis, roxos, verdes e amarelos que se uniron para conformar un equipo fugado da evolución que evitará a toda costa que a sociedade viva en armonía cos tempos, son Os Antisistema.

Fai 30 anos a muller era un ser sumiso a servicio do home, sen poder non só recrearse como persoa senon que tampouco contaba a súa opinión, co cal debía estar calada e obedecer servilmente aos desexos doutras persoas. Esto ao longo dos tempos sempre se entendeu como escravitude.
Hoxe en día esa escravitude que ata fai moi poucos anos era algo habitual, normal e de tal xeito asimilado no sistema social, hoxe, é un reducto que se pode atopar moi raramente nalgún fogar, criticable, denunciable e rexeitado pola sociedade na súa gran maioría ata o punto que os avós tiveron que adaptarse a este cambio a pesar da súa maior dificultade.

Fai 30 anos un neno vivía sen poder opinar, tendo que calar tanto no colexio como na casa so pena de represión física e psíquica; debía ir a misa e ser cristiano, tomar como dogma o que o cura e o profesor dixeran independentemente de que foxen uns seres aberrantes. Aquel neno encontraba a liberdade explorando a vida nas escapadas cos amigos do barrio, cambiando as regras sociais no compañerismo grupal, deixando medrar brotes de cambio e esperanza co sorriso e o respeto mutuo.
Hoxe en día esa escravitude e represión infantil cambiou; de tal forma que se reprende a quen reprende a un neno co uso e abuso da forza física, critícase a quen obriga a un fillo a adoptar un pensamento eclesíastico ou político considerándose a educación imposta un camiño de cadeas que frea o avance evolutivo do individuo.

Hoxe as relacións cambiaron de status, evolucionaron; o noso pai é o noso pai, xa non é o noso dono; pero seguimos sendo escravos sociais obrigados a servir, calar e acatar adoptando o mesmo rol que a muller ou o neno tiñan fai eses supostos trinta anos. Evolucionar e innato e necesario na nosa natureza e o noso adolescente sistema foi encarceado e encadeado por uns pais que se creen donos e non lle permite crecer, nen explorar, nen opinar; por uns pais que se enfadan coa sua ansia de liberdade, por uns donos que se irritan por non obedecerlles, por responder e queixarse a pesar de todos os xoguetes e drogas que trouxeron e traen; o noso sensible sistema que na súa interacción social precisa comprensión e cariño é maltratado por un mozo que abusa do seu poder, por unha parella que lle minte e lle falta ao respeto, por un marido que lle grita e o somete servilmente; o noso sistema nos precisa tanto a nós como nós a el, por iso precisamos evolucionar xuntos para non perder o cariño mutuo e caer na rabia, no odio e na dor profunda da pérdida e a separación.

Fai 30 anos cando o fillo e a muller abandoaron e fuxiron do seu dono foron apedreados e menospreciados por non acatar a súa posición social, por non asumir a inxustiza divina do seu rol, mais agora cando un fillo se vai e a muller o abandoa intuimos que algunha razón haberá tras de si, e non xuzgamos en base aos decretos que unha determinada nobreza nos dicta, senon a razón que a ética e a moral na evolución dos tempos nos achega. Os tempos cambiaron e vai sendo hora de que adecuemos a estructura social a estes tempos, pois a separación evolutiva entre o sistema neuronal do individuo e o sistema organizativo do inviduo é tan grande que atenta contra a base que irriga ambos sistemas, a vida.

As xeracións que creceron con todos estes enormes e innumerables cambios ven claro que os camiños polos que discurre o mundo na actualidade difiren moito da evolución social, se a sociedade sufre tantos cambios é lóxico e esixible que estos cambios se vexan reflexados na estructura organizativa social, adaptándose aos novos tempos; e mantela anclada en lexislacións e estructuras organizativas de fai 30 anos, nalgúns casos, ou de 500 anos, en outros, non só é ilóxico senon que atenta contra a natureza evolutiva dos individuos que a conforman, trandoos hoxe como nenos ou mulleres de fai 30 anos, trato que ao mesmo tempo que critican para sí mesmos no lo aplican aos demais por via impositiva.

Si hoxe nunha relación dunha nova parella o home impón por obligación a sumisión da muller na casa reprimindoa, sen permitirlle opinar, mandando a cociña ás visitas femininas para que sirvan aos homes acomodados no salón, e utilizando a violencia ante as queixas que podan xurdir, creo que ningún dos amigos e familiares desta parella o admitirían, tentarían cambialo conversando con eles ou suxeríndolle a ela que o abandoe antes de que ocurra algo peor. Se esta sería a nosa resposta ante unha situación inaceptable para o noso entendemento fruto da evolución social, como aceptar unha situación na que uns personaxes teñan o poder de decirnos a toda unha sociedade como temos que vivir, cales son as normas que temos que acatar, cando podemos falar e en que rincón do territorio nos temos que quedar cando veñan as visitas, nos repriman con violencia cando queiramos opinar e nos sometan baixo a escravitude e a servidume ... non podemos razoar con eles, posto que teñen o poder económico e militar acolchando o seu benestar divino, pero ese poder económico e militar sustentámolo nos poñendo os cartos, votandoos para elebalos aos altares, movendo as porras e aprentando os gatillos dende o servicio militar e policial. Non podemos culpalos, pois son víctimas do sistema que todos e cada un creamos e mantemos, e se sinten moi apegados a ese avatar que no mundo virtual lles concedemos.

Cada un de nós cos nosos actos, cos nosos pensamentos e palabras variamos o mundo virtual onde cabalgan os nosos egos embutidos en armaduras en pos de aventuras, un mundo paralelo recreado nun entramado do ego colectivo de diseño neuronal, unha rede onde crear a cada instante novos pasatempos, un xogo ao que estamos obrigados a xogar por ter medo a recordar quen somos.

Se todos creemos que haberá unha terceira guerra mundial, esta terá lugar, pois nese mundo virtual o ego colectivo é quen crea a realidade de cada pasadomañán. Cada un elixe, recordar ou crear un avatar, e dentro desa liberdade de elección pediría unha reflexión, se decidimos xogar embutidos nunha armadura lixeira ou pesante, busquemos sorrisos sinceros e non batallas sangrientas, creer no cambio social, creer que podemos logralo e esa será a realidade futura... despois será máis sinxelo poder recordar, pero polo pronto apremian os pasos para axudar e coidar a debilidade dos nosos pais e dos nosos avós... a terra sufre, non esperemos á morriña para recrear o amor mutuo.

Máis artigos en “Solidarizando”

comentarios