Sábado. 20.04.2024
El tiempo

soliLaridade Gandeira: O tractor

soliLaridade Gandeira: O tractor

Galego é gando, palabras moi ligadas que durante séculos foron limando asperezas para igualarse en significado, alcanzando o seu zenit na actualidade cos novas xeracións xenéticamente domesticadas, encarcelando a bravura no teatro e eliminando o xabarín do monte, animais criados a base de pienso, enjorde 3D Mononeuronal... a Solidaridade Gandeira, onde te esixen tar calado a base de bareadas mentres comparten cada día mensaxes contra a violencia, o galego 3.0, ao que lle importa o Vello como fondo dun like, o que trata a sua aVoa coa superioridade urbanita do amante da natureza, o que se ri da tristura do seu aVó e chora pola súa enfermidade dende unha nube na que esixe o coidado da Terra pola noite tras 9 horas de esforzos por destruíla, comportamentos desligados de ética e moral no xogo virtual onde só se sube de nivel co diñeiro que reparten os granxeiros.

E así se xustifica o comportamento do gando, cos protocolos de enjorde da granxeira como única obriga as pocilgas alcohólicas énchense de animais buscando matalo tempo que tanto desprecian para pasalo na granxa que tanto aprecian, e disque están sans. 

Human-farm

Ás portas do inverno tras 9 meses de espera, coa información clasificada, sen saber o que se vai parir porque importa máis o que pasa fóra que o que se leva dentro, confírmase o pasotismo ante o embarazo vírico apoiado na tranquilidade do enfoque da maior mortalidade. Galicia, Galiza, ou como vos juste escribilo, pois máis amor que o aparentado e garabateado dificilmente ides a mostrar a estas alturas por moito que escribades a cotío con nh, pois que carallo ides querer a esta Terra se coñecedes máis a cona de París que os ollos de Pasarela. JALISIA, terra Vella de montes ondulados cos picos erosionados polo tempo onde a cultura se mantivo co amor dos Vellos bailando na punta da lingua a carón das brasas contra as imposicións extrañas, axenas e sin sentido que se esfumaban ao caladiño co calor do caldiño, “deixa andalos ti faite bom”, e somos terra e terraSom, porque a Vida tendoa dentro non hai que buscala fóra de onde ninjién vai vir contarche os secretos que hai dentro de ti. JALISIA, onde somos vellos dende pequenos porque nos cría a antigua sabiduría que asentou no caldeiro o cariño e o amor dos nosos deVanceiros, superVivintes hormonais da loucura, agochando ao calado na xénetica a bravura que chispea coa luz da lúa, bravura que non nos converte no animal que non somos nin nos desperta o demo do que nos advirten os demos. 

As vellas, as aVoas, esas persoas que algúns esperan non voltar a ver por Nadal, eses seres humáns que gustan aislar nos montes para que coiden das hortas, eses fondos de armario para un descosido moral, eses seres humáns dentro da lista dos máis vulnerables en plena Pandemia aos que lles ofertamos unha panadeira como único informante e nos quedamos tan anchos de sonrisa e cobiza preocupados polo peche dos bares, preocupacións que calqueira diría que van por barrios se non viñeran todas xuntas a golpe de tambor e telediario, pois manda truco no pensamento que por cousa de encantamento manda máis a palabra de Ana Rosa que a exposición do razoamento. Relixión onde se xuntan os cristiáns e os que se ríen dos cristiáns, nada os diferencia no blanqueamento dos anos, curiosidades da modernidade que se espera a debatir dentro dun século entre o que quede de Terra e o que quede de humano.

desinformacion

Din que non nos preocupemos, que non nos alteremos, que non investiguemos nos centros de noite nin nos centros de día, que é o yin e o yang do extirminio legal, cos seus papeis e protocolos asinados polo teu eStado, mais se o Teu esTado é de preocupación por non ter asinado e de querer razoar sobre o teu esTado para en tempos de pandemia tentar ser Solidario, RAZOA facendo clic en ti, aproveitando o silencio do aislamento, co coñecemento do engano que utiliza o sometimento, non busques argumentos externos en zombis axenos, non te vistas con patróns granxeiros, pensa que ata o 99% dun pobo pode non saber o que dí ou non comprender o significado do seu propio idioma, pois é moi rebuscado terxiversar o significado de Solidaridade, esixíndose para elo unha maldade de serie ou unha mala praxis na sinapsis. Para razoalo podes aplicar unha simple regla de tres, malo, cabrón, demonio, non sexas ningún dos tres, e así se tes unha enfermidade de trasmisión sexual dillo con quen compartas Fuejo!! e si tes unha enfermidade de trasmisión respiratoria dillo con quen compartas Aire!! Porque é mellor poñer os elementos na mesa que deixar que se leven a mesa os elementos, sinxelo, lóxico e moitísimo máis seguro tomar medidas dous que un, amén de Solidario. Estamos rodeados de aire que compartimos sobre todo cos nosos veciños, que mantén unha suspensión vírica de contaxio sobre todo en espacios cerrados e que se deposita ao peso nos materiais que rodean o espacio aéreo da nosa xeolocalización, non da do cura de Nantón, non nos altares da fé senon nos lugares polos que andas de pé, como por exemplo un ascensor, un, dous, tres, respondonda outra ves ... asCensor.

É estrano, alarmante e preocupante ver que rápido asumen as mesmas persoas que desinfectan e limpan con mimo cada zona de contacto de cada persoa que pasa a cada consulta, por ser un potencial infectado, non demostrar interés nin vontade en limpar e desinfectar as zonas onde sí hai un caso confirmado, e aínda se opoñan a desvelalo por protexer o gando do seu valado, ou será que temos que confiar cos ollos vendados que xa o fixeron vendo Sálvame no centro de traballo? Non dudando de bos e malos en cada barrio non é comprensible que os pandilleros se impoñan utilizando sempre o mesmo argumento, babear entre ladridos rabiosos para afastar ao razoamento, curiosamente nunca entra nas súas posibilidades de confrontamento, e aínda sendo poucos os enfermos, en tempos de neboa e medo trasmiten a súa rabia coa humidade do vento, con exemplos “morais” das ameazas co privilexio dos seus contactos e influencias desexando o mal a cada cal que non baile o seu vals. Nunca babearán sós mentres lles sobren marionetas necesitadas de show para aparentar a súa “cultura”, pois tanto precisa os aplausos o calvo de entendemento como o  xubilado de pensamento, que non contentos con todo o destruido berran sen darse por aludidos sen sequera ter o valor de escoitar os seus propios alaridos, corpos sen alma vagundos da oscuridade, vampiros da Compaña que prenden lumes por que din que van detrás da Santa.

Este artículo foi etiquetado como verSículo longo, por falta da matrícula correspondente foi dividido en dous.

 

Outros artigos de Xabier García Lema.

Comentarios