O Alemán de Camelle e os Mandala

O termo mandala, de orixe sanscrito, siñifica “círculo encantado” ou “círculo máxico”. Os mandala son símbolos espirituais empregados no budismo e hinduísmo e representan o Equilibrio, a Armonía e a Unidade do individuo coa natureza e o cosmos. Os mandala teñen estado presentes en diversas civilizacíons, culturas e relixións. No budismo, no hinduísmo, nos aztecas, nos maias, nas tribus indias, nos pobos nórdicos e na relixión católica nos rosetóns das catedrais.
Dentro das múltiples técnicas de meditación e relaxación orientais está a de pintar mandalas. Esta técnica non require ningunha disciplina expresa xa que a persoa que pinta sigue os seus propios gustos estéticos e imaxinativos. Debuxar mandalas é unha actividade que desenvolve a paciencia, exercita a concentración, fortalece a creatividade, aporta serenidade e contribúe a xestionar situacións de ansiedade. A súa forma circular evoca o eterno retorno dos ciclos da natureza.
En occidente, o meirande especialista nesta simboloxía espiritual foi o médico e psicólogo suizo Carl Gustav Jung (1875-1961), amigo e colaborador de Sigmund Freud durante un tempo. Jung afirmaba que os mandala eran a representación da mente humana na súa totalidade, dende o consciente até o inconsciente e tiñan un grande poder transformador. Outros estudosos dos mandala en occidente foron o orientalista e políglota italiano Giuseppe Tucci, profesor de filosofía e relixión india na universidade de Roma e o escultor, poeta e pintor franco-alemán Jean Arp, un dos fundadores do dadaísmo, ambos os dous contemporáneos de Jung.
Na chea de comentarios e noticias publicadas despois da morte de Manfred Gnädinger, o Alemán de Camelle, nos que a súa figura foi analizada dende todos os ángulos posibles, o escritor Cesar Antonio Molina, nun artigo publicado na Voz de Galicia o 16 de xaneiro do ano 2003 co título “Vivir sin ser visto” afirmaba referíndose aos círculos de Man... ”esta especie de mandalas representan el mismo simbolismo que los antiguos lugares sagrados han perdido. La inscripción de estos círculos sobre el suelo y las paredes equivale a un ritual de iniciación, de defensa contra toda fuerza exterior nociva”.
O propio Man, nunha entrevista na Radio Televisión de Galicia en setembro do 1986 declaraba: "Mi alma es nada más que el círculo (...) El círculo es el elemento del mundo (...) No existe más que el círculo. Es el origen de los elementos (...) La recta está tambíen dentro del círculo. El horizonte es una recta y está también dentro del círculo (...) El círculo es la circulación del universo. Todos son círculos.(....) Y si es cuadrado pues es un círculo de cuatro puntos (…..) Y así el triángulo, es un círculo de tres puntos..."
É máis que probable que o alemán de Camelle fora coñecedor das filosofías e relixións orientais e estivera familiarizado cos autores enriba mencionados, en particular coa obra de Jung posto que todos eles escribiron en idioma alemán e Manfred era un intelectual suscrito a publicacións de arte e filosofía que recibía do seu país.
Por que existe este valeiro no coñecemento da obra escrita de Man? O desleixo dos que iniciaron o traballo, nunca rematado, de traducir a súa obra e o secuestro desta obra por uns poucos, fixo que a día de hoxe, despois de 23 anos da súa morte, a fondura do seu pensamento sexa aínda descoñecida para todos nós.
O que podemos concluir, despois de tantos anos transcurridos da morte de Man e que nunca foi salientado, é que os círculos, os, mandalas, formaban parte do mundo espiritual do Alemán de Camelle.
- Xosé Manuel Barros, Socio fundador de Mar de Fábula.
MÁIS ARTIGOS DE XOSÉ MANUEL BARROS
- Unha nova ameaza para as nosas augas costeiras dende o Corredor Marítimo de Fisterra.
- O arrecendo da lixivia.
- Greta Thunberg e o Principiño.
- A hipocresía do capitalismo.
- Que facer co lixo plástico?.
- No Día Mundial dos Océanos, unha limpeza de praia máis, non sirve para nada.