Os Castelos de Area invadiron a praia de Malpica


Sempre é un dos acontecementos máis orixinais do verán. I é que ver un porto, unha peza de marisco ou un paiaso de tal tamaño, tallado en area por un grupo de pequenos, é algo especial.
Este venres, para abrir as Festas do Mar de Malpica, tivo lugar o Concurso de Barcanas e Castelos de Area Praia de Area Maior.
Participaron 20 grupos con outras tantas esculturas de area, e cun total de 87 integrantes de todas as idades. E o Xurado, con participación municipal e das asociacións de Amas de Casa e Redeiras Artesás Mar da Illa, elixiu os seguintes castelos.
O 1º premio foi para O Porto, levou un Castelo de Area!

O 2º premi foi para o risco do marisco e o 3º para o Pallaso.




Ademais, a barcana premiada na categoría especial foi a número 15; o premio infantil foi para outra barcana, a número 13; e o premio especial do público, con 62 votos, foi para a figura Torreiros.
Unha de balonmán
Ademais, o areal tamén acolleu unha xornada de balonmán praia organizada hoxe en Malpica polo Concello e as Escolas de Balonmán Xiria. A rapazada disfrutou deste deporte tan famoso por Bergantiños.

Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).