Os Debuxos da Fundación

08:15 06/07/16
A pasada fin de semana, coñecemos os gañadores e gañadoras dos Concursos de Relatos e os Debuxos da Fundación Fernando Blanco de Cee que xa son todo un referente na Costa da Morte. Ao igual que en anos anteriores, QPC publicará nos vindeiros días os traballos gañadores da man do coordinador do Museo e Secretario da Fundación, Darío Areas.
Na sección de hoxe comezamos coa categoría A do III concurso de Debuxos, no que participaron alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria.
1º Primeiro
Paula Rodríguez, do CEIP A Igrexa de Brens, obtivo o pimeiro premio do concurso de debuxos
Paula Rodríguez Canosa, do CEIP A Igrexa de Brens (Cee) foi a gañadora do primeiro premio desta categoría que consistiu en un paquete de material didáctico, valorado en 50€, mais un diploma. O título do debuxo é "Xuntos formamos un club".
2º Premio
Nuria Gándara, do CEIP Labarta Pose de Baio, gañou o segundo premio do concurso de debuxos da Fundacion Fernando Blanco
O 2º Premio da Categoría A, consistente en material didáctico valorado en 40 € máis diploma, foi para o debuxo "Na escola temos amigos" de Nuria Gándara Calvete do CEIP Labarta Pose de Baio.
3º premio
Sara Trillo, do CEIP A Igrexa de Brens, foi a ganadora do terceiro premio da categoria A do concurso de debuxos
Sara Trillo Caamaño, tamén do CEIP A Igrexa de Brens, foi a gañadora do terceiro desta categoría co debuxo "Os nenos da amizade". Recibiu materail didáctico valorado en 30€ e un diploma.



Novas relacionadas
- 2015: Os debuxos da Fundación (II)
- 2015: Os debuxos da Fundación Fernando Blanco (I).
- 2015: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (II).
- 2015: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (I).
Máis novas
- QPC volverá publicar os Relatos e Debuxos premiados da Fundación Fernando Blanco
- Bazarra apoia por quinto ano a actividade cultural da Fundación Fernando Blanco
- Cee volve celebrar “o mes da Fundación” para alumnos e público en xeral
- A Fundación Fernando Blanco renova as súas becas coa axuda de Bazarra
- Primeira fornada de becarios da Fundación Fernando Blanco.
- O Museo da Fundación Fernando Blanco vólvese salvar polo apoio empresarial.
- O Unión Club Cee segue acadando apoios empresariais como o de Bazarra.
- Olimpia xa ten gasoliña para correr.
- Bazarra.com, moito máis que a web dunha gasolineira:
- A fotografía toma o museo Fernando Blanco.
- Expoñendo a arquitectura de Domingo Antonio de Andrade.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Fundación Fernando Blanco