Os maiores de Vimianzo gozan dos beneficios termais


Dous autobuses saían ás 9 da mañá de onte de Vimianzo en dirección á Arnoia, en Ourense, nuha excursión organizada desde o departamento de Benestar Social do Concello de Vimianzo para maiores de 60 anos. 187 persoas acompañadas pola Concelleira de Benestar, Mª José Ramos Rey, gozarán de tres días de relaxación e tratamentos no Balneario de Arnoia.
No día de onte tiveron ocasión de coñecer a contorna do Balneario con fermosos paseos polo río e de probar os tratamentos termais. No día de hoxe volverán a gozar das augas do balneario e pola tarde deixarán un pouco a relaxación para visitar unha das bodegas do famoso viño do Ribeiro, onde terán ocasión de degustalo. O venres volverán ter sesión de balneario pola mañá e pola tarde retomarán camiño cara a Vimianzo a onde chegarán á noitiña.
Novas relacionadas
- Os hostaleiros volven apostar polo Vimianzo Gastronómico.
- O Pavillón de Baíñas acolle a 2ª Exhibición da Patinaxe Costa da Morte.