Outes, Cee e Xallas afrontan as Fases Galegas de F8 no Cunchido, Abegondo e Arzúa


O Outes, como campión Alevín Sur, o Cee, como campión dos Benxamíns (os das ligas Norte, empezaron máis tarde e non entran no sorteo) e o Xallas como campión Prebenxamín, afrontan esta fin de semana as Fases Galegas de F8. O Cunchido, Abegondo e Arzúa serán os lugares onde se celebrarán esta fase, previa á Fase Final Galega.
Os Alevíns no Cunchido
Tocoulle ao cadro da Serra ser anfitrión da Fase final por concentración. 8 equipos encherán do mellor fútbol base o campo outense este sábado 21, dende as 10:30h ata ben entrada a tarde.
O equipo costeiro, tras vencer con solvencia a nosa liguilla con 11 puuntos sobre o Sofán Afición, está encadrado no Grupo B, con Racing de Ferrol, Victoria e Ural, e terá que superar a primeira fase quedando entre os dous primeiros para pasar as semis da tarde. Se non, xogará a fase de consolación.


O Cee, a Abegondo
Boa sorte terán os pequechos benxamíns de Cee de xogar no Mundo do Fúrbol. Abegondo acolle esta Fase tamén o sábado 21 de maio, e os ceenses, tras superar ao Dumbría e Outes na liga costeira, terán que enfrontarse na liguilla ao Lalín, Santiago de Compostela e Victoria. Os dous primeiros, ás semis.

O Xallas prebenxamín, en Arzúa
Tocaralle ao Xallas, campión Prebenxamín, desprazarse a Arzúa para competir cos Santiago, Burela e Luis Calvo de Carballo.

Novas relacionadas
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa 2016 e das Fases de Ascenso en www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.