xoves. 01.05.2025
El tiempo

Pescadores de El Salvador compartirán experiencias ca pesca artesanal costeira

Pescadores de El Salvador compartirán experiencias ca pesca artesanal costeira
Asi traballan os Pescadores artesanais de El Salvador Así traballan os Pescadores artesanais de El Salvador Pescadores de El Salvador en Fisterra Imaxe dos Pescadores de El Salvador en Fisterra en 2012

Non é a primeira vez que nos visitas. Xa en 2012, unha expedición de pescadores artesanais de El Salvador visitaron a Costa da Morte para facer un interesante intercambio cultural.

Estes días, a través dun dun proxecto de Cooperación ao Desenvolvemento e Asemblea de Cooperación pola Paz, financiado pola Xunta de Galicia, volven por Galicia. Estarán Vigo, A Guarda, Illa de Arousa, Cambados, O Grove, Cangas, Bueu, Marín e Santiago, e rematarán a súa visita coas obrigadas paradas en Corcubión e Fisterra da man da sempre activa Asoar Armega.
Ninguén mellor que Luís Rodríguez, presidente da entidade que tanto defende a pesca artesanal de toda Galicia dende Corcubión, para facer de anfitrión.

Así, José Martínez, pescador artesanal; Francisca Soriano, xerente dunha cooperativa pesqueira, e Mauricio Orellana, coordinador do proxecto en El Salvador permanecerán na nosa comunidade ata o día 15 de outubro, 10 días nos que terán unha completa axenda de traballo.
O día 5 estarán en Vigo e en A Guarda. O día 6 coñecerán o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) na a Illa de Arousa, así como as instalacións de depuración de Mariscos Veiro. Finalizarán a xornada cunha e a visita ao Taller de Montse Betanzos de elaboración de produtos con conchas en O Grove. O día 7 coñecerán o mercado de Berbés en Vigo e viaxarán a Cangas e Bueu para ver as súas lonxas. O día 8 acudirán ao porto de Marín, onde visitarán o Centro de Formación A Aixola, unha empresa comercializadora de productos do mar, O Percebeiro, e Rosa dos Ventos, produtores de polbo conxelado.

Visita á Costa da Morte

O día 10 achegaranse a Corcubión da man de A Asociación de Armadores e Artes Menores (Asoar-Armega) e a Plataforma Europea de Pescadores Artesanales LIFE que organizarán un encontro con pescadores artesanais da Costa da Morte.

Novas relacionadas

Fonte

  • Asemblea de Cooperación pola Paz.

Comentarios