![castelao]()
Os alumnos e alumnas do centros de educación primaria e secundaria do concello de Ponteceso xa poden participar no
I certame Castelao de Ilustracións que organiza a concellería de Educación do municipio. Os participantes deberán presentar o seu traballo, en formato A4 e coa técnica que o desexen, inspirados na obra de Castelao - tanto a de deseño como a narrativa, poética, dramática ou ensaística -.
O prazo de presentación dos traballos remata o
19 de decembro e haberá un premio por cada categoría que consistirá nunha tableta electrónica para a modalidade de alumnado de primaria e outra para a modalidade de alumnado de ESO. As persoas gañadoras serán informadas con anterioridade á entrega de premios, que se dará a coñecer publicamente o 30 de xaneiro de 2017, aniversario do nacemento do autor rianxeiro.
O concello divulgará por todos os medios ao seu dispór as obras gañadoras e expoñerá todas as participantes na biblioteca municipal.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Ponteceso