Por unha alfabetización dixital crítica para os nosos cativos

08:39 22/10/16

Colaboracións
Precisamente eses empurróns fanse necesarios para levar a cabo un proxecto tan ambicioso e sinxelo coma este, faranse a base de tempo. Xentes da zona, técnicas e creativas, con experiencia educativa e pedagóxica, con ou sen coñecementos básicos tecnolóxicos, que teñan gañas de suscitar un pensamento activo nos cativos e unha mirada crítica sobre o que foron e o que son os ordenadores. Con eles convocarán algunha xuntanza, e coa axuda da guía de alfabetización dixital crítica que elaborou o equipo de Ondula, irán prearando contidos para complementar os talleres de cacharreo e “hands on”. Buscan tamén xente con coñecementos técnicos para montar, desmontar e ensamblar computadoras. E precisamente buscan xentes ou organismos que teñan computadoras en desuso e que poidan doalos á causa. Xa teñen un blog aberto, tectea.wordpress.com Tenoloxía en cuestión & Tecnoloxía en acción, no que nos van contando como vai a cousa. Podedes botar un ollo e se vos animades a colaborar, podedes preguntar en mariabellabuschmann@gmail.com.Novas relacionadas
- Os totems primitivos de Guillermo Lago Lourido volven a casa.
- Un píxel no Medievo para alfabetizar dixitalmente aos nosos cativos.
- Os oficios volven a Corcubión.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).