PSOE e BNG apoiarán a investidura a Amancio Lavandeira como novo alcalde de Coristanco


Un Concello menos (só quedan 4) pendente dos pactos. En Coristanco case se canta o “Habemus alcalde”. A reunión de onte mantida a tres bandas entre Amancio Lavandeira (TEGA, con 4 edís), Abraham Gerpe (PSOE, 1) e Laura Mariño (BNG, 1) foi produtiva, e se ben queda aínda moito que falar, pareceq que chegaron a un acordo para investir ao primeiro como novo alcalde, rompendo así con 24 anos de goberno popular.
Podería ter sido esta a 7ª lexislatura de Pensado Plágaro a fronte do goberno municipal coristanqués pero as súas numerosas imputacións fixeron dano, e os veciños apostaron por un cambio de goberno. Aí estivo a responsabilidade dos 3 grupos que formaron estes anos a oposición para conseguir, polo de agora, un acordo para a investidura de Lavandeira.
Investidura si, pacto de goberno aínda non
A Asemblea do BNG xa decidira apostar polo cambio hai tempo, mentres a do PSdG, comandada por un dos candidatos máis novos da provincia, necesitou máis tempo. Agora toca seguir negociando para ver se é posible chegar a un pacto de goberno.
Onte a prensa sinalaba que TEGA ofrecería unha concellaría a cada un dos dous edís para formar goberno, pero Mariño e Gerpe non quere que se fale de dedicacións se non de consenso nas políticas xerais. Nada de imputados, transparencia nas licitacións das obras municipais, e como dicimos, un programa consensuado.
Veremos se conseguen chegar a un acordo para formar un goberno tripartito.
Novas relacionadas
- 02-06-15: 5 concellos seguen pendentes das negociacións para posibles pactos.
- APIN-SON e BNG garantirán a investidura de Lois Carballido como novo alcalde de Ponteceso.
- 3 pactos para non deixar ningún azul en Coristanco, Laxe e Ponteceso.
- RESULTADOS CORISTANCO: Eleccións #24M: O PP perde a maioría absoluta de Coristanco e as forzas poderán unirse.
- LISTAS CORISTANCO: 5 listas para saír dos Xulgados en Coristanco.
Máis novas
- O PP podería perder ata 6 alcaldías.
- 10 maiorías absolutas, 5 do BNG, 3 do PSdG e 2 do PP, e 8 concellos quedan pendentes dos pactos.
- Dous posible pactos teñen en vilo Santa Comba.
- Os grandes nomes das Eleccións Municipais do #24M.
- Resultados das Eleccións Municipais 2015 na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).