Solpor pide ao Xacobeo acabar cos establecimentos irregulares no Camiño de Fisterra-Muxía


Erradicar os establecementos ilegais, reforzar a sinalización e buscar tramos alternativos ao asfalto, serán as principias actuacións levadas adiante no Camiño Fisterra-Muxía tralo acordo da Asociación de Empresarios do Camiño de Fisterra-Muxía “Solpor” e o Xacobeo.
A patronal hostaleira da Costa da Morte trasladou numerosas preocupacións, entre elas a existencia de numerosos establecementos irregulares, que están facendo unha competencia desleal aos negocios legalmente establecidos. Sánchez Bargiela invitou a Solpor a que lle faga chegar unha relación deses posibles locais, sendo a administración autonómica a que actuará. Neste senso, os empresarios alertaron de que en Santiago o único que se entrega ao peregrino da Ruta Fisterra-Muxía é unha folla informativa, na que incluso aparece algún deses negocios sen legalizar.
Sinalización
Outra das preocupación amosada por Solpor foi o reforzo da sinalización nas zonas que así o requira. Neste caso, o xerente do Xacobeo espera que, pasado o verán, sexa adxudicada a actuación incluida no convenio asinado coa Deputación da Coruña para mellorar a sinalización deste tramo xacobeo, coma sempre, a base de marcos de pedra e plaquetas cerámicas.
Novas legalizacións de tramos
Na xuntanza, Solpor incideu tamén na nacesidade de legalizar os tramos alternativos que sexan posibles para evitar asfalto e tamén gañar en seguridade vial. Neste senso, no Concello de Negreira foron propostas xa dúas alternativas, que serán estudadas pola Xunta. Unha delas é á saída de Negreira polo paseo fluvial ata o refuxio de Covas, que prosegue ata a localidade de Zas. Evitaría 1,5 kilómetros de estrada con cruzamentos perigosos. A outra opción sería entre Portocamiño e Vilaserío. Aquí eliminaríanse 2 kilómetros dunha estada provincial moi perigosa moi perigosa para os camiñntes pola ausencia de beiravías, presenza de cambios de rasante e moitas curvas. Onte mesmo, os empresarios mailo xerente do Xacobeo percorreron estes tramos.
Outra das accións a levar a cabo pasaría pola revisión das variantes sinalizadas sen autorización oficial. Estre estes casos atópanse o paso do Camiño polos pobos de Cee e Corcubión, ou o traxecto balizado pola costa entre Canosa e Lires.
Novas relacionadas
Fonte
- Xunta Directiva de Solpor.