Un simposio e dous congresos completan o programa de actividades do Dolmen de Dombate

18:57 14/01/16

- Durante a tempada baixa (que inclúe os meses de xaneiro, febrerio, outubro, novembro e decembro) centraráse na atención a visitantes nas fins de semana e os venres estarán reservados para que sexan os alumnos e alumnas procedentes dos colexios os que desfruten deste servizo. Así os venres, sábados e domingos os horarios serán de 10:30 horas a 14 horas e de 16 a 18: 30 horas.
- Tempada de excursións de primavera. Do 1 ao 18 de marzo o horario é de 10:30 a 14 horas e de 16 a 18:30 horas. Do 31 de marzo ao 21 de xuño o horario é de 11 a 14 horas e de 16 a 2o horas, ampliándose así as horas de visita guiada.
- Tempada alta (semana santa, xullo, agosto e setembro): O servizo de visitas guiadas amplíase de luns a domingo en horario de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas. Todos os venres de xullo e agosto ofrecerase o servizo de visitas guiadas nocturas de 23 a 24 horas.
Novas relacionadas
- Dombate volve co seu guía
- “Dombate non é un centro comercial”.
- Óscar de Souto: Unha de cal e unha de area en Dombate.
- 10-12-15: Comeza o control das pinturas do dolmen de Dombate.
- Un capítulo de Herdeiros pola Forza: Dombáter.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Concello de Cabana