Martes. 14.05.2024
El tiempo

Unha Copa sen Preferencias

Unha Copa sen Preferencias
O Zas sufríu para pasar a eliminatoria ante o Coristanco O Zas sufríu para pasar a eliminatoria ante o Coristanco Eliminados os 3 equipos costeiros da Preferente nos Dezaseisavos da Copa da Costa. Malpica, Dumbría e Mazaricos eliminaron a Sofán, Xallas e Soneira, en partidos ben singulares que mañá contaremos polo miúdo. Espectacular o choque de Fontenla onde o Xallas conseguía remontar o 2-0 da ida poñéndose 3-0 pero un gol de Adrián Makaay no m.85 deixa ao Xallas fóra. Pero non foron as únicas sorpresas. Caían tamén equipos como Castriz, ante o impresionate Muxía; o Cee ante a Esteirana; ou o Outes (un 1ª) ante o Nantón (un 3ª) na que puido ser a sorpresa màis salientable da eliminatoria. Ademais outro dos partidazos da xornada disputábase entre os líderes da Liga da Costa. O Corme pegou primeiro pero perdonou e o Baio acabou sentenciando. copada-costa-dez-volta

Comentarios