![gala-dos-premios-nordes-2016]()
Emotiva a XVII Gala dos Premios Nordés vivida este pasado venres na Picota. Un evento no que una vez máis se premiou a persoas e entidades da Costa da Morte que destacan pola súa labor en diferentes diferentes ámbitos.
Comezou a noite coa entrega do
Nordés do Deporte as atletas Teresa Castro e Rocío Alvite, exemplo de que a idade ou o xénero non condicionan para nada a práctica do deporte.
Os arquitectos
Juan Creus e Covadonga Carrasco recolleron o Nordés da Divulgación. Eles fan máis fermosa a Costa da Morte a través das súas obras, alabadas e recoñecidas nas mellores mostras de arquitectura do planeta.
Un dos momentos máis fermosos da noite protagonizouno
Sara Vieites ao recoller o Nordés da Audiencia, o único que se concede por votación popular, vencendo, un ano máis ao fotógrao e difusor do deporte costeiro Jorge Parri. Sara Ten tan só 8 anos pero atesoura unha forza de vontade digna de toda unha guerreira. Dixéronlle que non podería andar e a día de hoxe compite en todas cantas carreiras populares hay na nosa bisbarra.
O concurso de muráis de Suministros Lar levou o Nordés á iniciativa empresarial. Cúmprense 10 anos do comezo deste proxecto no que participan centros educativos e asociacións da Costa da Morte e que fomenta o esforzó e a creatividade, entre outros valores.
O
Nordés das Artes quedouse en Mazaricos xa que foi para o actor Federico Pérez. O éxitos no séu traballo convertérono nunha das caras imprescindibles do audiovisual galego, a día de hoxe triunfa con Era visto! Na Galega e nos teatros con Curtis e Teixeiro.
Remataba a Gala co
Premio Nordés a Manolo Martín quen o recolleu moi emocionado e presumindo de muxián. Precisamente ese amor pola súa vila natal levouno a organizar ao longo dos anos centos de actos, eventos deportivos, musicais, ceas solidarias… todo de forma desinteresada. Incansablemente segue traballando en novos proxectos cos que seguir sorprendendo e contribuíndo a mellorar a vila, o santuario e a xente de Muxía.
Oscar Ibañez á gaita e Fernado Fraga ao acordeón deleitaron a tódolos asistentes coas súas pezas nunha Gala presentada por Andrea Rodríguez e José Manuel Mira, o humor foi cousa de “Angustias” coñecido personaxe da programación de Radio Nordés.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).