Veteranos: Corcoesto e San Isidro deixan o aberto o título de 2ª e o Ascenso


Non para ninguén a este Club do Mar. Xa son 8 vitorias consecutivas as do club caionés que, recén ascendido, xa saca 12 puntos aos seus perseguidores. Este pasado sábado librábase dun Sporting Zas que chegaba na 5ª praza, e puña en apuros aos da Laracha sen conseguir sacar un só punto. O único equipo que parecía poder achegarse ao liderado, o San Lorenzo, non pasaba do empate na casa ante o Milagrosa, co que a 10 partidos para o final, deixa ao líder con demasiada vantaxe.
Esta semana houbo choque importante na zona de abaixo. Co Hosgran practicamente sentenciado (apenas unha única vitoria no que vai de curso), Castriz e Laxe xogábanse a segunda praza de descenso. Os laxenses recibían, con 6 puntos de vantaxe, a un cadro xalleiro que non puido máis que arrincar un empate que lle deixa a permanencia neses dous partidos de distancia.
2ª División
O partido da semana disputouse en Razo. Co ascenso en xogo, o Corcoesto, líde destacado, podía dar un paso importantísimo precisamente ante o San Isidro, 3º da táboa, por detrás dun Cabana que mantén a 2ª praza de ascenso a pesar de descansar. Ao final, empate que deixa ao San Isidro a 10 do Corcoesto e a 2 do propio Cabana.
San Isidro - Corcoesto (2-2)
- Campo: O Arenal de Razo.

- San Isidro: Manu, Luís, Barreiro, Cambón, Manolo, Roberto Carlos, Josito, Gustavo, Marcos, Juan e Palermo. Tamén: Nando, Enrique, Puskas, Camariñas, Moreno, Javier Muñiz, Cambón e Luís Gende.

- Corcoesto: Pablo, Álex, Miru, Germán, Martín, Rochi, Pablo, Héctor, Pouso, Pichu e Bamban. Tamén: Toñito, Couto e Miguel.
- Árbitro: Reborido.
- Goles: 1-0, m.18: Juan; 1-1, m.30: Rodrigo dunha forte falta con algo de axuda de Manu, que foi o mellor de todo o partido e demostrou un gran enfado consigo mesmo o que provocou o aplauso do público; 1-2, m.55: Pichu tras unha falta botada por Pablo; 2-2, m.85: Gustavo.
Partido igualadísimo en Razo, cun cadro local que se colocaba por diante nos primeiros minutos, pero que deixaba paso a que dominase o líder. Empataba Rodrigo para os cabaneses, e puido poñerse por diante de non ser polas grandes intervencións de Manu, o gran protagonista do partido.
Comezou a segunda metade e o Corcoesto facía o segundo. O San Isidro foise arriba en busca do empate, Palermo contou cun par de ocasións, pero Pablo e Edelmiro salvaron baixo paus. Meteuse atrás o líder ante as embestidas locais e apareceu Gustavo, outro dos destacados do partido, remataba un centro de Roberto Carlos que toca atrás Palermo para facer o empate cando só quedaban 5 minutos para o final. Deixando así un empate que lle soubo a pouco aos locais polos méritos durante a segunda metade, pero que deixa a liga e o ascenso, moi abertos.

Os pichichis

Novas relacionadas
- X.14: O Club do Mar pecha a primeira volta como líder indiscutible.
- X.2: Club do Mar, Zas e Milagrosa mandan.
- X.1: O Porteño empeza a tope.
- O Fútbol en Malpica, o reflexo do envellecemento costeiro.
- Fútbol, sol e churrasco no Torneo de Castriz.
Crónicas do ano pasado
- 2015/2016: O Soneira álzase ca Copa da Costa de Veteranos.
- 2015/2016: O At. Milagrosa, campión da Liga de Veteranos:
- 12015/2016: San Lorenzo e Club do Mar, campións de inverno.
- 2015/2016: Veteranos: O Coristanco cobrou a vinganza na Supercopa ante o San Román.
Máis información en www.futboldacosta.com
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.