Desta volta, o alumnado de música de 1º e 2º de Bacharelato, 4º ESO C e D, e 3º ESO B celebrou una velada musical moi especial para este Samaín. O departamento de Música, en colaboración coa Biblioteca, o departamento de Galego, Informática e Lingua Castelá, artellaron unha xornada chea de “ilusión, esforzo e traballo”.
O resultado é este vídeo, que comeza situándonos no contexto histórico da man da radiofónica voz do mestre Carlos Turnes Rieiro. Coas colaboracións Basi Pacoret e Leticia Riestra, a montaxe de vídeo e audio de Alejandro Couto e Xairo Campos, o deseño gráfico de Lucía Ceán e Mencá Barca, e os arranxos de Paulo Padrón, podedes ver eses músicos en potencia baixo a dirección dos mestres Ángel Rodríguez Mellid e Vanessa Lorenzo Uzal.