Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Carballo

O BNG pide solucións á problemática no Centro de Saúde de Carballo, o que máis lista de agarda ten de Galicia

Carballo ten a lista de agarda máis longa de Galicia para unha cita en atención primaria. Ata 26 días tes que esperar para que te atenda a túa médica de cabeceira. Algo “incomprensible” para o BNG, que onte presentaba unha proposición non de lei e unha pregunta relacionadas coa situación sanitaria de Carballo.

Evencio Ferrero, alcalde de Carballo; Xosé Regueira, responsable comarcal do BNG de Bergantiños, e Daniel Pérez, deputado do BNG no Parlamento Galego, fanse eco das demandas xa realizadas no Centro de Saúde carballés nos últimos anos./p>

“No centro de saúde de Carballo xa non é que se estea baixo mínimos, senón que se está nunhas condicións nas que non é admisible que se teña un mes practicamente de espera. É algo que todos estamos obrigados a denunciar, esperemos que a Consellería de Sanidade estea tomando medidas correctoras, pero isto fóiselle das mans”, apuntou o alcalde.

Denuncian a falta de previsión ante as baixas de longa duración e as merecidas vacacións do persoal, polo que lanzan unha proposición non de lei con varias medidas necesarias e farán a seguinte pregunta en pleno: “Que medidas ten pensado adoptar o goberno galego para solucionar os acuciantes problemas de sobrecarga de traballo e falla de persoal facultativo no centro de saúde de Carballo?“

Novas relacionadas

O BNG pide solucións á problemática no Centro de Saúde de Carballo, o que máis lista de agarda ten de Galicia