Contabamos onte a decisión do Comercio de Cee de apagar a iluminación nocturna para protestar por "Un prezo xusto da tarifa eléctrica".
Esta pasada xa os comercios da vila mantiveron a súas luces apagadas entre a hora do peche (20:00 ou 20:30h) e a media noite. Esperan "axitar a toda a comarca" e que cada vez sexan máis as vilas comprometidas con estas protestas nas que o consumo é a chave.