Chegou a primavera e con ela están a florecer os campos, enchéndose de cores e vida.
E florecen tamén proxectos artísticos na Costa da Morte como este “Floresendo”, obra do noso - Leö KCH - que volve a rexurdir musicalmente neste 2022.
“Este tema en concreto é o prólogo do novo proxecto musical no que levo un par de anos traballando e que irá saíndo á luz e medrando ao longo deste ano”, comentábanos Leo.
Floresendo chega "con moita carga social e tratando moi de preto temas actuais coma a emigración e o vaciado de comarcas e do rural pola falta de oportunidades e de traballo, facendo referencia ao actual conflito bélico en Ucraína e demais guerras activas no mundo, a manipulación informativa, o lavado de cerebros e invitando a reivindicar outras tantas inxustizas que vemos e vivimos a diario", debulla. "Tamén ten matices persoais e referencias aos ciclos vitais da natureza en Naces, medras, reprodúceste e morres. Ou como di o coro: Floresendo, vai medrando a planta, vai medrando o neno.”
Quedamos á expectativa de ir descubrindo máis en relación a este proxecto, que promete vir cargado de mensaxe e fusión musical. “Hai un tema máis rap/metal, varios con matices reggae, outros máis melódicos con piano e guitarra, varios rap clásicos con vertentes máis underground, e máis sorpresas que iredes descubrindo ao longo deste ano” pero sempre mantendo as súas raíces e a súa enerxía para transmitir cando colle o micro.
Agardamos velo de novo moi pronto sobre os escenarios mentres disfrutando deste "Florecendo".
Máis novas do Leo
- 2020: Leö KCH e La Cloaka Sound unen o seu SonGalego.
- 2016: Os Rap-arigos de Leo KCh en Corcubión.
- 2015: Leö KCh solta versos como coitelos co seu novo Plan B
- 2014: Fernando Blanco a ritmo de rap.
- 2014: Leö KCH: “O Rebumbio é bo para todos. A unión fai a forza”.
- 2013: Leö Kch berra en silencio polo Monte Pindo.
- LeöKCh en estado de ansiedade.
- 2011: Un ano de rap con LeöKCh.
- 2010: O rapeiro ceense Leö Kch canta o Ave María a coro cos Nativos Digitales .