Martes. 23.04.2024
El tiempo

Leö KCh solta versos como coitelos co seu novo Plan B

Leö KCh solta versos como coitelos co seu novo Plan B
Leo KCH presenta o seu Plan B

Anda a mil o Leö KCh coa cartelería a voltas. Xa con ansia de presentar o seu novo traballo, “Un Plan B”. O rapeiro de Camiños Chans (Cee), presenta “un traballo cun trasfondo oscuro e unha crítica política en xeral profunda”. I é que cada vez que solta versos, parecen coitelos do afiados que van.

”Un plan B” é rabia acumulada, son gañas de cambios, de que a xente espabile e deixe de pasar por alto que nos están roubando as jaliñas, e sejimos votándoos e dándolles palmadiñas como si nada pasase”. Así de claro fala o Leö.

Son “Letras de temática real e actual, do que viven milleiros de familias día a día, na miseria... dos intereses goberno-bancais, dos corruptos e imputados inmunes que seguen en listas electorais e seguen recibindo votos de un pobo cargado de ignorancia e pasotismo xeral…”

”Un plan B é a necesidade dun cambio... e o cambio comeza dentro de cada un”.

Aquí vai outro adianto deste Plan B:

Presentación o día 21

A gran cita será o o sábado 21 de marzo. A media tarde haberá unha firma de discos e cantarán un par de temas no Cento Comercial Finisterrae. Logo as 22:00h, na Praza da 8 de marzo de Cee, contarán cun show de presentación, no que participarán outros artistas da zona como o poeta Suso Bahamonde e o fenómeno multidisciplinar Rubén Prieto. Leö será o gran protagonista coas súas letras, por suposto.

Pero estaremos atentos porque tamén acompañarán na cita uns máquinas do Break Dance membros de "Vella Escola" con sede loxística en Noia. Boten un ollo:

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas musiqueiras

Fonte

Comentarios